InicioIntoxicados dous menores pola mala combustión dun quentador na Cañiza

Intoxicados dous menores pola mala combustión dun quentador na Cañiza

PUBLICADO O

- Advertisement -

Dous menores foron trasladados a un centro hospitalario na tarde deste pasado xoves ao presentar síntomas de intoxicación de monóxido de carbono por mor da mala combustión dun quentador no municipio da Cañiza.

Segundo informou o 112 Galicia, os feitos sucederon na parroquia de Oroso, sobre as 19,30 horas deste xoves. O servizo de emerxencias recibiu a alerta do escape de gas a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

Tras iso, o CIAE 112 Galicia puxo a situación en coñecemento do GES de Ribadavia, do GES-SPEIS de Ponteareas, da Garda Civil e da empresa subministradora do gas.

O 061 mobilizou dúas ambulancias de soporte vital básico e un equipo sanitario de Atención Primaria que levaron aos dous menores ao Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, confirmaron a Europa Press fontes sanitarias.

ÚLTIMAS

Retroceder as praias ou recuar a Administración

O que está a acontecer este inverno na costa da ría de Vigo non...

Patrimonio autoriza a humanización do tramo máis próximo ao ascensor Halo da rúa Serafín Avendaño de Vigo

A Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, dependente da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude,...

GKN Driveline Vigo rebaixa a 50 os afectados polo ERE, pero a CIG convoca unha folga de sete días

A auxiliar de automoción GKN Driveline Vigo reduciu de 75 a 50 o número...

Suspendido o transporte de ría en Vigo polas malas condicións meteorolóxicas

As navieras que operan as liñas de transporte na ría de Vigo, entre o...