InicioSucesosArden dúas embarcacións en Moaña

Arden dúas embarcacións en Moaña

As primeiras investigacións apuntan a que o lume da lancha puido ser intencionado, e estúdase se podería ser usada para o transporte de droga.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un barco e unha embarcación menor arderon esta noite ao declararse un incendio no interior do primeiro, fronte ao porto de Meira, no concello de Moaña. Segundo informa o 112, ao redor das 22,30 horas, o servicio recibiu varias chamadas de persoas particulares que vían lume nun barco fronte ao porto de Meira, no estaleiro da Xunqueira. As primeiras investigacións apuntan que o lume da embarcación menor puido ser intencionado.

Así, as forzas da orde tratan de esclarecer os feitos. Ademais, segundo testemuñas presenciais, o dono do estaleiro asegurou que a lancha non se atopaba alí cando a compañía terminou a quenda de traballo. A planadora medía entre uns 6 ou 8 metros e non se descarta que unha das hipóteses a investigar é se a lancha podería ser usada para o transporte de droga.

Os operadores do CIAE-112 Galicia remitiron a información aos Bombeiros do Morrazo e aos axentes da Garda Civil e da Policía Local. Ademais, tamén foron alertados os Bombeiros dos parques de Vigo, Ribadumia e Porriño e os membros de Protección Civil de Cangas, así como Salvamento Marítimo, o Servizo de Gardacostas de Galicia, a Autoridade Portuaria e os servizos sanitarios, por se fora necesaria a súa intervención.

Posteriormente, a patrulla da Policía Local de Moaña confirmaba que o barco afectado polo lume estaba no mar, atado a outra embarcación máis pequena que podía correr perigo e que, finalmente, tamén se viu afectada. Xa de madrugada, os medios de extinción comunicaron ao 112 que o incendio estaba completamente sufocado e que o lume, extinguido tanto polos equipos desde terra como desde o propio mar, afectara a un barco e a unha embarcación menor, tipo planadora, que quedaron amarrados na zona.

Non houbo que lamentar danos persoais e, para previr o risco de derrames contaminantes ao mar, despregáronse barreiras de contención na área de intervención. As forzas da orde, pola súa banda, tratan de esclarecer as causas do suceso.

ÚLTIMAS

O lume de Camos, entre as queimas autorizadas e o conflito dos bombeiros forestais

O incendio forestal declarado o xoves na parroquia de Camos, en Nigrán, comezou cunha...

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...