InicioInvestigan un veciño de Tomiño polo roubo de ferramentas e un proxector...

Investigan un veciño de Tomiño polo roubo de ferramentas e un proxector nun colexio

O home, de 33 anos, conta con antecedentes policiais.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Garda Civil investiga penalmente a un veciño de Tomiño como presunto autor dun roubo con forza que supostamente cometera nun colexio do municipio, do que subtraeu uns proxectores e ferramentas, efectos que foron recuperados.

Segundo informou o Instituto Armado, as investigacións iniciáronse a principios deste mes cando o Posto da Garda Civil de Tomiño tivo coñecemento dun roubo con forza que se perpetrou no CEIP Aurora del Porvenir, de onde levaron un proxector e varias ferramentas que utilizaban os operarios do servizo de mantemento.

“A pericia da inspección ocular realizada no lugar dos feitos polos compoñentes do Equipo de Investigación da Compañía da Garda Civil de Tui permitiu a identificación do presunto autor, en cuxo poder se recuperaron todos os efectos que supostamente subtraera”, destacou a Benemérita.

En concreto, trátase dun veciño de Tomiño, de 33 anos, con antecedentes policiais, que foi notificado da súa condición de investigado como presunto autor dun delito de roubo. As dilixencias instruídas entregáronse no xulgado de Instrución de garda de Tui, onde deberá comparecer cando sexa requirido pola autoridade xudicial.

ÚLTIMAS

O TSXG dá a razón ao Concello de Vigo no caso do concerto de Guns N’ Roses e evítalle pagar 1,5 millóns á promotora

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) estimou o recurso presentado polo Concello...

Caballero carga contra Rueda polo ‘non’ á Facultade de Medicina en Vigo: “Defende un privilexio feudal”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, volveu arremeter este luns contra o presidente da...

Recollen xa o 75% do aceite de palma vertido no porto de Vigo

O dispositivo de limpeza posto en marcha tras o vertido duns 100.000 litros de...

A Fiscalía pide tres anos de prisión para un home acusado de estafar a unha muller cun falso anuncio de aluguer en Vigo

A Fiscalía solicita tres anos de prisión para un home acusado de estafar a...