InicioSucesosDetido en Vigo tras tirar un colector contra un coche de Policía...

Detido en Vigo tras tirar un colector contra un coche de Policía e agredir a un dos axentes

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un mozo de 23 anos de idade, A.B.F., veciño de Moaña, como presunto autor dun delito de atentado contra axentes da autoridade, tras arroxar un conter contra un coche patrulla do 092 e agredir a un dos funcionarios.

Segundo informaron fontes policiais, os feitos ocorreron na madrugada deste xoves, cando unha dotación se dirixiu á zona Churruca alertada por varios avisos de que se estaba producindo un ‘botellón’.

Os Policías identificaron as persoas que estaban a participar na reunión e propuxéronos para sanción por infracción administrativa. Ademais, un deles tamén denunciado pola posesión de tres cigarro de marihuana, que levaba gardados nunha mochila.

Cando os axentes finalizaron a intervención e metéronse no coche patrulla para abandonar o lugar, o mozo tirou contra o vehículo policial un colector de lixo, que impactou contra a porta, causando danos materiais. Ao dirixirse os funcionarios cara a el, este reaccionou de forma violenta, propinando unha patada a un dos axentes, polo que foi detido.

ÚLTIMAS

Hospitalizado un mozo de 17 anos tras ser agredido con arma branca no Entroido de Hío

Un mozo de 17 anos, veciño de Vigo, tivo que ser hospitalizado na noite...

A Cátedra Ardán sitúa a Interfish España como un alicerce estratéxico para a economía

A Cátedra Ardán, impulsada polo Consorcio da Zona Franca de Vigo e a Universidade...

Detido un home en Vigo por agredir e romperlle o beizo a unha muller en plena rúa

Un home, H.J.R. de 40 anos de idade, foi detido o pasado sábado en...

Temor no sector naval pola escaseza de persoal cualificado

O secretario xeral de Asime, Enrique Mallón, valorou este martes o "bo momento" da...