InicioUn produto para matar abellas causa un incendio nunha casa da Cañiza

Un produto para matar abellas causa un incendio nunha casa da Cañiza

Os propietarios botárono na chimenea para matar un niño de abellas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un produto insecticida para matar abellas supostamente foi a orixe dun incendio na parte alta dunha casa no municipio da Cañiza, que se saldou sen feridos na noite deste pasado mércores.

Segundo informou o 112 Galicia, este lume nunha vivenda da Cañiza deixou parte da zona alta da casa queimada, pero non houbo danos persoais. Foi un particular quen, case ás 23,00 horas, comunicoulle ao servizo de emerxencias que saía moito fume negro dun domicilio da parroquia da Franqueira.

O alertante asegurou que, neses momentos, xa estaban todos os inquilinos fóra da vivenda e que eles mesmos tentaban sufocar as chamas cunha mangueira.Con estes datos, por parte do CIAE-112 Galicia pasouse o aviso aos Bombeiros de Ponteareas, á Garda Civil e tamén, por se fosen necesarios, aos Bombeiros de Vigo.

Máis tarde, o propio particular que informara do lume afirmou que o incendio puido ter a súa orixe na bufarda da vivenda, despois de que botasen un produto insecticida na cheminea para matar unhas abellas.

Tras quedar apagado o incendio, os membros dos Bombeiros de Ponteareas tamén confirmaron esta hipótese e aseguraron que, finalmente, o que ardera foran varios obxectos que había dentro da bufarda.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...

Revogada a condena a un pub de Vigo por difundir un vídeo onde se vían dous clientes “en actitude cariñosa”

A Audiencia de Pontevedra estimou un recurso presentado por un local de lecer de...