InicioVigo e contornaRedondelaUn accidente en cadea en Redondela deixa catro feridos

Un accidente en cadea en Redondela deixa catro feridos

Dous dos sinistrados foron traslados ao hospital.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Catro persoas resultaron feridas este domingo en Redondela nun choque en cadea na N-550, ao seu paso pola parroquia de Cesantes. No sinistro víronse involucrados varios vehículos Tal e como informou 112 Galicia, o sistema ‘ecall’ do servizo rexistrou unha chamada de alerta ao redor das 10,30 horas da mañá e, ao mesmo tempo, varios particulares contactaron tamén para informar dun choque en cadea.

Os alertantes indicaron que todos os ocupantes estaban fóra dos turismos pero que era necesaria a asistencia sanitaria. Finalmente, do catro feridos, só dous precisaron ser trasladados polos servizos sanitarios, un deles á Clínica Fátima e outro ao Cunqueiro de Vigo. Segundo confirmaron os axentes de Tráfico, non parecían revestir gravidade.

O 112 comunicou o suceso a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, á Garda Civil de Tráfico, á Policía Local e aos efectivos da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da localidade, así como, ao persoal do servizo de mantemento da vía.

ÚLTIMAS

Vigo crea ‘A Navideña’, unha “Compostelana” que acredita a visita á cidade durante as festas

OO alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou a creación de "A Navideña", un certificado...

Estoupa un artefacto explosivo na sede de UGT en Vigo

UGT-Galicia denunciou un ataque con un artefacto explosivo na sede que o sindicato ten...

Miles de persoas protestan en Vigo para defender a “democracia, a vivenda e a sanidade”

Miles de persoas manifestáronse este mércores polas rúas de Vigo, convocadas por UGT e...

Tres menores provocan a detendión dun presunto pedófilo tras crear unha conta falsa en redes

A Garda Civil de Vigo detivo a un home de 47 anos, veciño de...