InicioSucesosDetido en Vigo un sexagenario por agredir á súa parella, que sufriu...

Detido en Vigo un sexagenario por agredir á súa parella, que sufriu lesións no rostro e as costas

Esta muller explicou que a súa parella a agrediu durante unha discusión orixinada por motivos económicos.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un home de 68 anos domiciliado en Gondomar, M.R.G., foi detido por, supostamente, agredir á súa parella, que sufriu laceraciones no rostro e un corte nas costas.

Fontes policiais detallaron que os feitos tiveron lugar pasadas as 21,00 horas deste sábado, cando unha muller contactou coa sala de comunicacións do 092 desde a rúa Finisterre para indicar que fora agredida pola súa parella.

Mentres se desprazaba ao lugar, o vehículo policial foi interceptado pola requirente na confluencia das rúas Ecuador e Joaquín Loriga. Así, os axentes comprobaron que presentaba laceracións no rostro, á altura do pómulo dereito e na marxe esquerda do pescozo, e un corte nas costas.

Ademais, esta muller explicou que a súa parella a agrediu durante unha discusión orixinada por motivos económicos. Pola súa banda, os policías localizaron no domicilio ao home, que se negou a abrirlles a porta. Finalmente, o home permitiu acceder aos axentes, que o detiveron pola suposta comisión dun delito de violencia de xénero.

ÚLTIMAS

Vigo marchou dividido nas protestas do 25N

Miles de persoas saíron á rúa este mércores en Vigo para expresar a súa...

O barco de Greenpece máis efeciente leva o selo vigués

Trátase dun veleiro de 75 metros cuxo deseño sitúa no centro a propulsión eólica...

Sindicatos convocan unha concentración este venres en Vigo no marco da folga do sector da perfumaría

Comisións Obreiras (CC.OO.) e UXT convocaron este venres en Vigo unha concentración no marco...

Un coche arde na AP-9 á altura de Peinador e provoca novas retencións quilométricas en Vigo

A AP-9 volveu rexistrar importantes problemas de circulación este mércores, 25 de novembro, tras...