InicioSucesosDetida unha septuaxenaria por atacar cun coitelo ao seu marido

Detida unha septuaxenaria por atacar cun coitelo ao seu marido

Os axentes da Policía Local avisaron a unha ambulancia do 061 e entrevistáronse co home, que relatou que acababa de ser apuñalado pola súa muller no transcurso dunha discusión e que fuxira do domicilio buscando axuda.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a unha veciña da cidade, M.G.G.I., de 73 anos de idade, como presunta autora dun delito de malos tratos no ámbito familiar, tras haber supostamente atacado cun coitelo ao seu marido, de 81 anos.

Segundo informaron fontes policiais, os feitos ocorreron á primeira hora da mañá do pasado sábado cando unha patrulla que estaba de servizo pola rúa Eugenio Kraff foi requirida por un home maior, que presentaba unha ferida sanguenta no dorso da man dereita.

Os axentes avisaron a unha ambulancia do 061 e entrevistáronse co home, que relatou que acababa de ser apuñalado pola súa muller no transcurso dunha discusión e que fuxira do domicilio buscando axuda.

Os sanitarios trasladaron ao ferido ao Hospital Álvaro Cunqueiro e, mentres, os policías acudiron ao domicilio para interrogar á presunta autora dos feitos.

A muller recoñeceu que se pelexou co seu marido, con quen eran habituais as rifas e, aínda que admitiu que ela portaba un coitelo, asegurou que fora o home o que se había autolesionado. Dado que as súas explicacións non resultaron convincentes para os funcionarios, a muller foi detida como presunta autora duns malos tratos no ámbito familiar.

DETIDOS CON ORDES XUDICIAIS PENDENTES

Por outra banda, a Policía Local tamén informou da detención doutro tres persoas, sobre as que pesaban senllas ordes xudiciais de procura e arresto.

Así, esta intervención policial tivo lugar na mañá deste domingo, cando unha dotación que realizaba labores de prevención na zona de praias observou en Monte Carrasqueira un coche semioculto nun canellón dunha zona de chalés, cuxo ocupante tiña unha actitude sospeitosa.

Ao identificalo, os policías comprobaron que o home, J.A.S.M., de 33 anos de idade, tiña en vigor unha orde de procura, detención e presentación ditada polo xulgado de instrución número 3 de Cambados.

Cando os policías estaban a facer esta xestión, achegáronse camiñando outros dous mozos, E.M.B., de 24 anos de idade e o seu irmán P.M.B., de 25 anos. Igualmente foron identificados e, do mesmo xeito, comprobaron que tiñan ordes pendentes de detención e presentación ditadas polo xulgado de instrución 3 do Porriño.

O tres homes foron detidos nese momento e, ademais, a Policía ratificou que todos tiñan numerosos antecedentes por delitos como roubo e receptación.

ÚLTIMAS

Dúas persoas trasladadas ao hospital tras un incendio nunha vivenda en Samil

Dúas persoas tiveron que ser evacuadas este luns a un centro hospitalario por inhalación...

O BNG denuncia “opacidade” no custo do desfile das Forzas Armadas e o peche das Travesas

O BNG de Vigo denuncia a "opacidade" do goberno local de Abel Caballero sobre...

Vigo recibe este martes a súa primeira tripla escala de cruceiros con máis de 7.500 turistas

O Porto de Vigo acollerá este martes, día 22 de abril, a súa primeira...

A Xunta e Vicus Gallaecia analizan os retos da mobilidade e urxen un calendario para o AVE Vigo-Porto

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou este luns nun encontro...