InicioSucesosEvacuan un pai e a súa filla por inhalación de gas na...

Evacuan un pai e a súa filla por inhalación de gas na súa vivenda en Moaña

O motivo foi un posible escape no domicilio.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Dúas persoas tiveron que ser trasladadas ao presentar síntomas de inhalación de gas, debido a un posible escape no seu domicilio en Tirán, no concello de Moaña. O 112 Galicia foi coñecedor dos feitos pouco despois das 7,00 horas, mediante unha chamada dos servizos sanitarios.

Na comunicación, os profesionais sanitarios afirmaban estar a facer o traslado dun pai e unha filla ao presentar, ambos, síntomas de inhalación de gas. Ademais, engadían que outros membros da familia estaban xa ventilando a vivenda e que se atopaban ben.

Con esta información, os operadores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia deron aviso aos Bombeiros do Morrazo, aos axentes da Garda Civil e da Policía Local, e á empresa subministradora do gas.

Xa desde o lugar dos feitos, os bombeiros confirmáronlle ao 112 que, tras facer as comprobacións necesarias na vivenda, a situación quedaba segura.

ÚLTIMAS

“O Concello aínda ten moitos deberes”: o PP esixe a Caballero os proxectos completos do Mundial 2030

A candidatura de Vigo para converterse nunha das sedes do Mundial de Fútbol de...

Salvan a vida dun estibador que sufriu unha parada cardíaca nun barco en Vigo: varias descargas dun desfibrilador lograron recuperar o seu pulso

Nunha parada cardíaca, os primeiros minutos poden marcar a diferenza entre a vida e...

Vigo cruza peticións de dimisión: o PP reclama cesar a Pardo e o PSOE apunta a tres conselleiros da Xunta

O futuro do transporte público de Vigo converteuse nun novo motivo de confrontación entre...

Alacante, Sevilla, Londres e París, novos voos impulsados con 2,8 millóns de subvencións do Concello de Vigo

A Xunta de Goberno Local de Vigo aprobou o expediente de contratación para a...