InicioA LouriñaCondenado un veciño de Mos a 11 anos de cárcere por abusar...

Condenado un veciño de Mos a 11 anos de cárcere por abusar sexualmente da súa cuñada menor de idade

A vítima sufriu graves secuelas e tentou suicidarse varias veces por estes feitos.

PUBLICADO O

A sección segunda da Audiencia Provincial de Pontevedra condenou a 11 anos de prisión a un veciño de Mos, como autor dun delito continuado de abuso sexual labor na persoa da súa cuñada, menor de idade, e que sufriu graves secuelas e tentou suicidarse varias veces por estes feitos.

O tribunal considera probado que, polo menos desde xullo de 2016 e ata marzo de 2017, o acusado abusou sexualmente da súa cuñada, que entón tiña 14 anos, aproveitando o feito de que a menor acudía ao seu domicilio para coidar ao fillo de dous anos que o acusado e a irmá da vítima tiñan.

Cando se atopaban a soas, xa que a irmá da vítima traballaba, o acusado realizáballe tocamentos, dáballe bicos e mantiña con ela relacións sexuais completas, todo a pesar do rexeitamento mostrado pola vítima. Co tempo, a menor acabou consentindo as relacións, aínda que non foi unha decisión libre, senón condicionada pola relación de desigualdade co acusado, en quen confiaba por ser o seu cuñado.

Estes abusos, unido á situación de vulnerabilidade da menor (tiña problemas de acoso escolar e na relación cos seus pais), provocaron na vítima un estado de ansiedade e un trastorno que a levaron a tentar suicidarse en tres ocasiones, nas que acabou ingresada no hospital.

Precisamente, a raíz do terceiro intento de suicidio, a nena acabou confesando aos psiquiatras a relación que mantiña co seu cuñado, e os seus sentimentos polo feito de facelo ás costas da súa irmá. Nin a menor nin a súa familia denunciaron os feitos, senón que foi a Fiscalía a que actuou, por mor dos partes médicos.

SECUELAS

Debido aos episodios de abusos, a nena desenvolveu un trastorno adaptativo depresivo, con condutas de risco e verbalización suicida, que só se moderou despois de ser ingresada por terceira vez e de que se descubrisen os feitos, momento en que deixou de ter contacto co seu cuñado.

En todo caso, a menor sofre secuelas emocionais polo ocorrido, e padece un trastorno adaptativo con alteración de emocións. De feitos, as forenses que a observaron concluíron que o seu relato era crible e non había indicios de fabulación, a pesar de que o acusado sinalou no xuízo que era a nena a que se lle insinuaba e que empezou a autolesionarse cando el a rexeitou.

Por contra, os informes periciais sinalan que a vítima mantivo un relato coherente, do que non se infería animosidade espúrea contra o acusado.

DELITO E PENA

Ante estes feitos, a Audiencia declarou o acusado autor dun delito continuado de abuso sexual sobre menor de 16 anos e condenouno a 11 anos de cárcere.

Así mesmo, establece para el a medida de liberdade vixiada durante 5 anos unha vez que saia de prisión, e prohíbelle achegarse ou comunicarse coa súa sobriña durante 12 anos. Ademais, deberá indemnizar á moza en 10.000 euros polos danos morais.

ÚLTIMAS

Condenados a 5 e 4 anos de cárcere os dous acusados de dar unha malleira a dous mozos na rúa Hernán Cortés de Vigo

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, condenou aos...

Deteñen en Vigo un home por agredir ao seu fillo de 13 anos cun cinto e unha botella de plástico

Un home, P.A.V.S. de 43 anos de idade, foi detido na tarde deste pasado...

Os traballadores de Vitrasa protestan durante o acto da Constitución e Caballero sae escoltado por Policía Nacional

Os traballadores de Vitrasa, concesionaria do bus urbano de Vigo, trasladaron este martes as...

Máis de mil vigueses xa teñen representación no caso do Cártel dos Coches con 40.000 afectados en Galicia

A oficina de Vigo do despacho BGI LAW representa xa a máis de 1.000...