InicioSucesosPiden seis anos a un pai por humillar e golpear durante anos...

Piden seis anos a un pai por humillar e golpear durante anos a súa filla

A Fiscalía mantén que "someteu á súa filla a continuas humillacións e menosprecios", golpeándoa "case a diario" por diversas razóns.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Fiscalía solicita penas que suman 6 anos e 8 meses de prisión para un home acusado de maltratar de forma habitual á súa filla menor, á que insultaba, humillaba e obrigaba a facer traballos inapropiados para a súa idade, e que será xulgado este luns na sala do Penal número 3 de Vigo.

Segundo o escrito de acusación pública, este home convivía coa súa filla menor, a nai e a avoa materna nun domicilio do partido xudicial de Vigo, e de forma reiterada no tempo “someteu á súa filla a continuas humillacións e menosprecios”, golpeándoa “case a diario” por diversas razóns.

Polo menos desde o ano 2015 o acusado obrigábaa a seguir as súas indicacións para que lle axudase a realizar traballos da casa tales como levantar postes con guindastre, cortar leña ou traballos no campo, todas elas actividades “excesivas para a súa idade e complexión física”. Se os facía mal, o pai enfadábase e golpeábaa, facéndolle comentarios humillantes como que non servía “para nada”.

Ademais, a Fiscalía relata no seu escrito varios episodios concretos de malos tratos. Así, no Nadal de 2016, cando o acusado mandou á súa filla colocar uns postes de luz, deulle unha puñada nas costelas, unha patada no costado e ameazouna de morte.

Uns días antes diso, golpeáraa tamén cando lle mandaba alzar uns postes para o teito da palleira; noutra ocasión, cando realizaban unha rega na leira, golpeouna cunha aixada nas costas; así mesmo, en xaneiro de 2017, tras unha discusión polo teléfono móbil, golpeouna na cara e no beizo.

FALTABA Ao COLEXIO E NON ÍA AO MÉDICO

Segundo o ministerio público, despois destes episodios a menor non era levada ao médico, polo que non consta se o acusado lle causaba lesións. Algúns días tampouco ía ao colexio, e todo iso co fin de que “non se coñecese a situación de malos tratos que sufría” aínda que, finalmente, a nena decidiuse a denunciar os feitos en setembro de 2017.

O xulgado de instrución de Vigo ditou, nese momento, auto de suspensión provisional da garda e custodia da menor mentres se tramitaba a causa, “ante o risco de reiteración dos feitos”, e nomeouse defensora xudicial á irmá maior da vítima, coa que convive desde esa data.

Por todo isto, a Fiscalía acusa o pai dun delito de malos tratos habituais no ámbito familiar, e de catro delitos de malos tratos de obra, e pide que sexa condenado a penas que suman 6 anos e 8 meses de cárcere.

Así mesmo, reclama tamén que se lle prohiba ter ou portar armas por un período de 10 anos, e que se lle prohiba achegarse ou comunicarse coa súa filla por 13 anos.

ÚLTIMAS

A ex parella da muller asasinada en Baiona: “Eu non vou comer este marrón”

A Garda Civil investiga a morte violenta dunha muller de 36 anos de idade, E.B.S., cuxo...

Manifestación dos afectados polos motores defetuosos de Stellantis este sábado en Barcelona

Os afectados polos motores errados de Stellantis percorrerán as rúas de Barcelona este sábado...

Caballero chama “covarde” ao PP por irse do pleno do AVE e volve esixir unha desculpa: “Vergoña tíñalles que dar”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cualificou este venres de "covardes" aos concelleiros do grupo...

Detido en Vigo o patrón dun caiuco que trasladou a máis de 170 persoas desde África a Canarias

A Policía Nacional detivo en Vigo ao patrón dun caiuco que transportou a máis de 170...