InicioSociedadeDeclarado un lume na fábrica viguesa de Stellantis (PSA)

Declarado un lume na fábrica viguesa de Stellantis (PSA)

Foron evacuadas 300 persoas, sen danos persoais.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Efectivos de Bombeiros de Vigo desprazáronse ata a fábrica viguesa de Stellantis (antes PSA Peugeot Citroën) para traballar na extinción dun lume declarado na factoría.

Segundo informaron a Europa Press fontes de Bombeiros, a chamada recibiuse pouco despois das 13,00 horas deste venres. Ata o lugar desprazáronse un vehículo de Bombeiros do parque de Balaídos e outro de Teis.

Fontes da empresa indicaron que os sistemas de evacuación e de extinción da propia factoría “funcionaron correctamente”. Aínda así, solicitouse a axuda dos Bombeiros de Vigo, que acudiron con dúas dotacións para reforzar os labores de extinción do lume.

O incendio, de pequenas dimensións, produciuse na nave de pinturas –Nave P– por causas aínda descoñecidas. No interior do recinto atopábanse unhas 300 persoas, que foron evacuadas, non habendo que lamentar danos persoais.

Este suceso supuxo parar a produción para avaliar os danos e investigar o ocorrido. Esta previsto que a actividade se renove en canto haxa unha “total seguridade” para todos os traballadores.

Na actualidade a factoría xa tiña suspendida a produción no sistema M1, que monta o Peugeot 2008, o Citroën C-Elysée e o Peugeot 301, debido á persistencia dos problemas de subministración derivados da chamada crise dos semiconductores (microchips).

ÚLTIMAS

A falta de visibilidade en Peinador obriga a regresar a Madrid a un avión con destino Vigo

A falta de visibilidade obrigou a regresar a Madrid ao piloto do voo de...

‘Romaría’: Carla Simón viaxa á ría de Vigo para reconstruír o pasado dos seus pais

A cidade de Vigo acolle este martes a preestrea do filme 'Romaría' (a estrea...

A Plataforma fronte á Masificación Turística pide unha moratoria de licenzas para VUT

A Plataforma fronte á Masificación Turística de Vigo e O Morrazo dirixiuse por carta...

O PP de Vigo pide a Caballero que deixe as “ambigüidades” sobre a biblioteca de Teis

O grupo municipal do PP no Concello de Vigo esixiu ao alcalde, Abel Caballero,...