InicioSucesosCollen a un condutor dun camión con pezas de Citröen que case...

Collen a un condutor dun camión con pezas de Citröen que case sextuplicaba a taxa máxima de alcoholemia

O home é reincidente e enfróntase a multas de prisión.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes da Garda Civil instruíron dilixencias xudiciais por un delito contra a seguridade viaria a un condutor dun camión articulado, un veciño de Pontevedra de 53 anos de idade, que case sextuplicaba a taxa máxima de alcoholemia permitida para conducores profesionais.

Segundo informou o Instituto Armado, os feitos ocorreron sobre as 1,00 horas da madrugada, cando unha patrulla realizaba un control de vehículos pesados na estrada PO-010, á altura do termo municipal de Vigo.

Ao darlle o alto ao condutor dun camión articulado, os axentes decatáronse de que o home “presentaba evidentes síntomas de inxerir bebidas alcohólicas“, polo que lle realizaron a proba. Así, arroxou un resultado positivo de 0,87 mg/l en aire expirado, o que supera en case seis veces a taxa máxima permitida para condutores profesionais.

Por iso, instruíronse dilixencias contra o home por un delito contra a seguridade viaria. Ademais, o vehículo, que transportaba pezas para a factoría viguesa de PSA, foi inmobilizado ata que outra persoa púidose facer cargo do camión.

O condutor, que conta con antecedentes policiais por conducir baixo a influencia de bebidas alcohólicas, podería enfrontarse a penas de prisión de entre tres e seis meses, a unha multa ou a traballos en beneficio da comunidade; así como á prohibición de conducir vehículos a motor por un período de entre 1 e 4 anos.

ÚLTIMAS

O lume de Camos, entre as queimas autorizadas e o conflito dos bombeiros forestais

O incendio forestal declarado o xoves na parroquia de Camos, en Nigrán, comezou cunha...

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...