InicioSucesosLocalizados coas coordenadas de Whatsapp dous mozos perdidos nun monte en Cangas...

Localizados coas coordenadas de Whatsapp dous mozos perdidos nun monte en Cangas (Pontevedra)

PUBLICADO O

- Advertisement -

Dous mozos foron localizados en perfecto estado de saúde despois de pasar un tempo perdidos no Monte da Antena, en Cangas. As coordenadas de Whatsapp que enviaron ao 112 Galicia permitiron a súa localización hora e media despois da súa chamada de alerta.

Así o informou o 112 Galicia, que relatou que foron os propios afectados quen contactaron co Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia para pedir axuda, pois descoñecían o camiño de volta despois de facer un percorrido monte arriba desde o lugar do Balcón do Rei. Iso si, explicaron que estaban ben e, mediante as indicacións dos xestores de emerxencias, enviaron a súa posición mediante a aplicación móbil Whatsapp.

Con estes datos, o persoal do 112 Galicia informou os membros do servizo local de Protección Civil de Cangas, así como aos axentes da Policía Local e a Garda Civil.

Aproximadamente unha hora e media despois, os efectivos de Protección Civil atoparon aos mozos “en bo estado, apenas cuns rabuñazos“, sinalaron as mesmas fontes, polo que rexeitaron a asistencia sanitaria.

ÚLTIMAS

O Marisquiño cambia o percorrido do seu descenso urbano, que acabará no Centro Comercial A Laxe

O festival da cultura urbana O Marisquiño anunciou este xoves un cambio de percorrido...

Cortado un carril da A-55 tras o incendio nun camión portavehículos en Tui

Axentes da Garda Civil de Tráfico procederon a cortar o carril dereito da A-55 en...

O Tribunal Supremo non admite o recurso do Concello de Vigo polo cobro de 1,1 millóns por parte da Xunta

O Tribunal Supremo ditou un auto no que inadmite o recurso de casación presentado...

Sanitarios de Vigo piden “tolerancia cero” contra a violencia no PAC ao ser “punto negro” de ataques

Profesionais sanitarios da área de Vigo volveron a concentrarse este xoves para esixir "tolerancia...