InicioSucesosUn incendio nun camión causa o corte da A-52 á altura dos...

Un incendio nun camión causa o corte da A-52 á altura dos túneles da Cañiza

O fume impedía a visibilidade no interior dos túneles.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un incendio orixinado nun camión portacoches provocou na mañá deste luns o corte da autovía A-52 á altura do túnel da Cañiza. Segundo informou o 112 Galicia, recibiu varias chamadas de condutores que circulaban pola a autovía A-52, posto que un camión comezara a arder á altura do túnel da Cañiza.

Como consecuencia dos problemas de visibilidade producidos polo fume no interior do túnel, o persoal de mantemento de estradas confirmou ao 112 Galicia que os carrís da A-52 foron pechados en ambos os sentidos.

Ao lugar acudiron medios de extinción para traballar no punto, e patrullas da Garda Civil para desviar aos vehículos e evitar riscos. Do mesmo xeito, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia avisaron aos Bombeiros de Ponteareas, ao GES de Ribadavia, aos axentes da Garda Civil de Tráfico e ao servizo de mantemento da autovía.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...

Revogada a condena a un pub de Vigo por difundir un vídeo onde se vían dous clientes “en actitude cariñosa”

A Audiencia de Pontevedra estimou un recurso presentado por un local de lecer de...