InicioSucesosFerida unha persoa en Vigo ao derrubarse o falso teito da súa...

Ferida unha persoa en Vigo ao derrubarse o falso teito da súa vivenda

A vítima tivo que ser evacuada ao hospital para recibir asistencia sanitaria

PUBLICADO O

- Advertisement -

Unha persoa tivo que ser evacuada ferida a un hospital despois de que se derrubase un falso teito do seu domicilio situado na Avenida Ramón Neto, en Vigo.

Segundo informa o 112 Galicia, foron os propios profesionais do 061-Urxencias Sanitarias os que chamaron para comunicar o desprazamento dunha ambulancia ata a parroquia de Cabral para atender á persoa afectada.

De acordo co relato dos equipos de intervención que acudiron ao lugar, a vítima atopábase xa liberada e accesible, pero necesitaba asistencia médica.

Tras ter constancia dos feitos, o 112 puxo a situación en coñecemento dos bombeiros de Vigo e, para prestar apoio aos efectivos do 061, solicitouse a intervención dos axentes da Policía Nacional e da Local.

Polo momento, descoñécense as causas deste incidente, segundo indica o 112.

ÚLTIMAS

A acampada de Vigo inicia o seu desmonte con concentracións para pedir vivenda para dez persoas sen fogar

A acampada pola vivenda de Vigo iniciou este domingo o proceso de desmonte do...

(Fotogalería) As mellores imaxes dunha noite máxica: Vigo acende o Nadal 2026

Vigo volveu converterse este sábado no epicentro do Nadal cun espectacular acendido que reuniu...

“Todo o planeta” xa pode gozar do Nadal de Vigo

A cidade de Vigo acendeu este sábado as súas luces para dar comezo así...

A ministra de Deportes suxire que Vigo será sede do Mundial de Fútbol

A ministra de Educación, Formación Profesional e Deportes, Milagros Tolón, asegurou que o estadio...