InicioSucesosSorprendido mentres conducía baixo os efectos de anfetaminas, cannabis e cocaína

Sorprendido mentres conducía baixo os efectos de anfetaminas, cannabis e cocaína

Tamén foi denunciado por circular coa ITV desfavorable fóra de prazo e por non realizar a transferencia en prazo establecido para iso.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un home de 42 anos domiciliado en Vigo, C.M.G.A., foi detido nesta cidade por conducir baixo os efectos de anfetaminas, cannabis e cocaína e a ITV desfavorable fóra do prazo permitido para emendar os problemas advertidos, así como por non realizar a transferencia no período preciso.

Fontes policiais indicaron que os feitos tiveron lugar o pasado domingo sobre as 14,24 horas na confluencia da avenida Florida e a rúa Martín Echegaray, onde os axentes deron o alto a un condutor e comprobaron que presentaba síntomas de atoparse baixo os efectos das drogas.

Tras realizarlle as probas correspondentes, o home deu un resultado positivo en anfetaminas, cannabis e cocaína e interceptáronse tres dose de cocaína que ocultaba entre a súa roupa. Tamén foi denunciado por circular coa ITV desfavorable fóra de prazo e por non realizar a transferencia en prazo establecido para iso.

Ese mesmo día sobre as 11,00 horas, unha patrulla deu o alto a un condutor de 46 anos domiciliado en Vigo, V.C.P., na rúa Pedro Alvarado e comprobou que o seu permiso de condución caducara.

Dado que presentaba signos de atoparse baixo os efectos do consumo de estupefacientes, foi sometido ás probas correspondentes, que deron resultados positivos en anfetaminas, cannabis e cocaína. Ademais, intervéuselle unha dose de cocaína que ocultaba entre a súa roupa.

Por outra banda, o xoves da semana pasada sobre as 17,50 horas, os policías deron o alto a un vehículo despois de que pasase un semáforo en vermello na confluencia da rúa Coruña coa praza de América. Mediante unha consulta coa base telemática de tráfico, pescudaron que lle constaba unha perda de vixencia do permiso de conducir a falta do curso de capacitación, polo que o denunciaron.

Noutra orde de cousas, o pasado domingo sobre as 7,45 horas, unha unidade policial detectou a dous ciclistas que circulaban pola rúa Sanjurjo Badía sen utilizar a iluminación, o que puña en perigo a súa seguridade e a dos demais usuarios da vía.

Tras darlles o alto para identificalos, os policías comprobaron que os mozos, M.I.L., de 23 anos, e F.F.F., de 22, presentaban síntomas de estar baixo os efectos do consumo de bebidas alcohólicas. Tras ser sometidos ás probas correspondentes, deron resultados que non excedían o límite penal establecido.

ÚLTIMAS

Papá Noel toma un ano máis as rúas de Vigo en moto

Miles de papanoeles en moto déronse cita, un ano máis, este sábado para percorrer...

OPINIÓN.- “A hemeroteca do Faro de Vigo: un patrimonio que debe ser accesible a todos”

A hemeroteca do Faro de Vigo é un tesouro cultural e histórico que contén...

Un vigués entre os 11 detidos por facer grafitis en trens de Cataluña

Unha operación conxunta entre Policía Nacional, Mossos d'Esquadra e Garda Urbana de Barcelona (GUB)...

Tres excarcerados tras o choque de dous vehículos na A-55 en Mos

Tres persoas tiveron que ser excarceradas nun aparatoso accidente entre dous coches ocorrido na...