InicioSucesosDetectados varios intentos de estafa a residencias de maiores por parte de...

Detectados varios intentos de estafa a residencias de maiores por parte de falsos vendedores de material antiCOVID

Para facer máis crible o engano, tamén efectúan chamadas aos xeriátricos en nome de supostos transportistas, que aseguran que teñen pendente a entrega de material, pero non poden efectuala ata que non se ingresen os pagos.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Policía Nacional da Comisaría de Vigo alertou de varios intentos de estafa a empresas da cidade e, principalmente, a residencias de maiores, coas que algunhas persoas se puxeron en contacto para facer supostas entregas de material sanitario de protección fronte ao COVID e para o que instaban a facer ingresos de diñeiro que ían de 800 a 3.000 euros.

Segundo informaron este luns fontes policiais, os presuntos estafadores contactan cos centros xeriátricos a horas nas que prevén que non están os seus responsables, e falan con traballadores a quen os informan de que farán unha entrega de EPI ou material sanitario pedíndolles o ingreso de diñeiro.

Ao non estar os responsables dos centros, volven chamar máis tarde e simulan que, ao mesmo tempo que falan co traballador que colleu o teléfono, teñen por outra liña ao director ou directora da residencia, que supostamente estaría a autorizar o pago dese material.

Para facer máis crible o engano, tamén efectúan chamadas aos xeriátricos en nome de supostos transportistas, que aseguran que teñen pendente a entrega de material, pero non poden efectuala ata que non se ingresen os pagos.

A Policía informou de varios intentos de estafa a través deste ‘modus operandi’ polo que se contactou con residencias, onde acudiron axentes da Unidade de Participación Cidadá para impartir charlas e explicar consellos para evitar estas estafas.

OUTRAS MODALIDADES DE ESTAFA

Por outra banda, fontes policiais tamén advertiron doutras modalidades de estafa que teñen como vítimas a persoas maiores de 65 anos que viven soas ou ben a centros xeriátricos.

Así, alertaron de intentos de persoas que se fan pasar por médicos ou xestores sanitarios e que tentan cobrar pola suposta instalación de “cámaras termográficas antiCOVID” en residencias, aínda que o material nunca chega por problemas nos envíos.

Tamén se detectaron contactos con persoas maiores nos seus domicilios, ás que se fai crer que se lles vai a desinfectar a súa casa e, aproveitando o acceso ao interior das vivendas, perpétranse furtos e roubos.

Outra modalidade consiste en distraer á vítima facéndose pasar por membro dunha asociación de xubilados e maiores, e subtraéndolle efectos de valor cando se descoida.

MEDIDAS PREVENTIVAS

Para evitar estas estafas, a Policía está a contactar coas residencias para dar a coñecer estes intentos de engano; tamén se está informando a asociacións e centros de maiores, así como a asociacións veciñais e bloques con gran presenza de xente maior.

A Policía recomendou desconfiar das chamadas de persoas descoñecidas e non realizar operacións sen coñecemento dos responsables das empresas. Así mesmo, aconsellou non facilitar datos que poidan ser utilizados por terceiros para gañar a confianza das vítimas, nin realizar pagos a través de kioskos, locutorios ou similares.

ÚLTIMAS

Almuiña retira as competencias de Urbanismo ao edil de Baiona investigado pola Fiscalía

O alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuiña, retirou as competencias de Urbanismo, Patrimonio e...

Vigo aproba o retranqueo dos colectores de Balaídos para ampliar Tribuna cara ao Mundial 2030

O goberno de Vigo aprobará finalmente este venres o proxecto para o retranqueo dos...

A investigación polo accidente mortal no Saltamontes de Matamá encara a súa recta final

A investigación xudicial do accidente mortal ocorrido na atracción Saltamontes, en agosto de 2024,...

Un estudo do IEO investiga as especies causantes de floracións de algas nocivas nas Rías Baixas

Un equipo do Centro Oceanográfico de Vigo do Instituto Español de Oceanografía (IEO, CSIC),...