InicioSucesosDetida por segunda vez tras lesionar a un home do que tiña...

Detida por segunda vez tras lesionar a un home do que tiña unha orde de afastamento

A muller convivira anteriormente co lesionado.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Policía Local de Vigo detivo, por segunda vez en catro días, a unha veciña de cidade de 65 anos de idade, W.G.K., natural de Alemaña, por un suposto delito de quebrantamento de medida cautelar, tras vulnerar a orde de afastamento dun septuaxenario, ao que agrediu.

Segundo informaron fontes policiais, esta segunda detención produciuse o pasado venres, á primeira hora da tarde, cando unha chamada ao 092 alertou de que se estaba producindo unha pelexa entre unha parella nunha vivenda da rúa Doutor Corbal

Cando chegaron os axentes, abriulles a porta un home de 75 anos, que presentaba un pequeno corte sanguento nunha man, e que relatou que, cando chegou a casa, atopouse no domicilio coa muller coa que convivira, e á que botara da casa.

Este home tamén confirmou que a muller tiña unha orde de afastamento con respecto del e que fora detida días atrás por quebrantala. Tras esa detención, volvera a tentar entrar no domicilio noutra ocasión, sen logralo porque ninguén lle abriu a porta.

Ese venres, cando chegou a casa atopouna dentro, xa que aínda dispuña dun xogo de chaves, e iniciaron unha discusión, no transcurso da cal produciulle un corte nunha man. Mentres se entrevistaban con este home, os axentes escoitaron unha voz feminina nas escaleiras e dirixíronse alí, atopándose coa aludida, que negou os feitos.

Ao identificala e cotexar os datos, os policías comprobaron que a muller ten en vigor unha orde de afastamento do septuaxenario, ditada por un xulgado de instrución da cidade, polo que foi novamente detida.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...

Revogada a condena a un pub de Vigo por difundir un vídeo onde se vían dous clientes “en actitude cariñosa”

A Audiencia de Pontevedra estimou un recurso presentado por un local de lecer de...