InicioSucesosVIDEO | Aparatoso incendio nun buque en Bouzas

VIDEO | Aparatoso incendio nun buque en Bouzas

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os bombeiros de Vigo, en coordinación con Policía Local, Nacional e Portuaria, traballan na extinción dun incendio declarado nun buque conxelador que se atopa amarrado no Porto de Bouzas, na cidade olívica, e que provocou unha importante fumareda, aínda que sen que se rexistraron danos persoais.

A alerta activouse sobre as 8,45 horas da mañá deste xoves, cando os servizos de emerxencia recibiron o aviso de que estaba a arder un barco na terminal de Bouzas. Trátase dun buque conxelador con bandeira británica, o ‘Baffin Bay‘, que pertence á armadora viguesa Grupo Copemar, e no que se estaban realizando labores de mantemento. De feito, os servizos de emerxencia sospeitan que o lume puido iniciarse na adega do barco, onde se estaban facendo traballos de soldadura.

O tres tripulantes que estaban no conxelador atópanse ben, e non houbo que lamentar danos persoais, aínda que o incendio provocou unha densa columna de fume, e os bombeiros seguen na zona, apoiados por remolcadores.

Segundo informou a Policía Local, os bombeiros tiveron que traballar inicialmente arrefriando o casco da nave desde o exterior, ante a imposibilidade de acceder ao barco pola gran cantidade de fume xerado.

ÚLTIMAS

A meteoroloxía obriga a desviar tres voos con destino Peinador

Tres voos que tiñan previsto aterrar no aeroporto de Peinador, en Vigo, foron desviados...

Caballero acusa á RFEF e ao PP de vetar a Vigo como sede do Mundial 2030

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, reiterou este martes as súas acusacións contra o...

Vigo convértese en epicentro da oncoloxía de precisión con máis de 40 expertos de toda España

A cidade de Vigo acollerá este mes o VIII Simposio Nacional de Oncoloxía de...

A CIG denuncia que o modelo de Muface prioriza o beneficio económico sobre o dereito á saúde

A CIG denunciou este luns que o modelo de mutualismo administrativo está deseñado para...