InicioSucesosUn grupo de surfeiros auxilia un home en apuros na auga de...

Un grupo de surfeiros auxilia un home en apuros na auga de Praia América

O home atopábase a 15 metros da beira e tiña dificultades para saír.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un grupo de surfeiros auxiliou un home que se atopaba en apuros na auga da Praia América, en Nigrán.

O suceso tivo lugar ao fío das 17:25 horas, cando un grupo de persoas que practicaba surf se decatou de que había un home que se atopaba a 15 metros da beira e tiña dificultades para saír.

Os deportistas axudaron a saír da auga ao home que, segundo relata o CIAE 112, rexeitou ser atendido polos efectivos de Urxencias Sanitarias 061 que se desprazaron ao areal.

ÚLTIMAS

O lume de Camos, entre as queimas autorizadas e o conflito dos bombeiros forestais

O incendio forestal declarado o xoves na parroquia de Camos, en Nigrán, comezou cunha...

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...