InicioSucesosUGT denuncia unha agresión a vixiantes de seguridade que realizaban controis de...

UGT denuncia unha agresión a vixiantes de seguridade que realizaban controis de acceso a un edificio da Xunta en Vigo

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Sindicato de Seguridade Privada en Galicia de UGT denunciou unha agresión a vixiantes de seguridade que realizaban labores de control de acceso nun edificio da Xunta en Vigo. A través dun comunicado, a central explicou que os feitos tiveron lugar o pasado mes de setembro, cando dous traballadores do control de accesos foron agredidos tras informar a un usuario de que non podía entrar a un edificio dado que carecía de cita previa.

O sindicato lembrou que estas normas foron establecidas debido á crise sanitaria da COVID-19. Así, aínda que recoñeceu que pode ser “moi difícil concertar as citas”, incidiu en que esta situación non xustifica unha agresión a traballadores de seguridade privada que realizan as súas funcións “de acordo cos protocolos de actuación que marca a Xunta”.

Así as cousas, recalcou a necesidade de que a cidadanía entenda que “as agresións non van conseguir axilizar antes os seus trámites”. Por este motivo, o Sindicato de Seguridade Privada en Galicia demandou que se respecte aos vixiantes de seguridade, cuxa función apuntou que pasa por axudar á cidadanía.

Neste sentido, a central insistiu en que “as responsabilidades hai que reclamalas a quen impón as normas”, en lugar de “a quen as fai cumprir”.

ÚLTIMAS

Estoupa un artefacto explosivo na sede de UGT en Vigo

UGT-Galicia denunciou un ataque con un artefacto explosivo na sede que o sindicato ten...

Miles de persoas protestan en Vigo para defender a “democracia, a vivenda e a sanidade”

Miles de persoas manifestáronse este mércores polas rúas de Vigo, convocadas por UGT e...

A folga pecha o comercio en Vigo con piquetes activos en centros como o de Vialia

A folga xeral mantén pechada boa parte do comercio galego, que afronta esta xornada...

Amplo seguemento da folga na área de Vigo, segundo os sindicatos

Por zonas, a central nacionalista informa de que, en Vigo, na farmacéutica Cofano xa...