InicioSucesosQueda libre e con orde de afastamento un detido en Baiona por...

Queda libre e con orde de afastamento un detido en Baiona por unha suposta agresión sexual á filla da súa parella

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un xuíz de Vigo decretou a posta en liberdade dun home arrestado por supostas agresións sexuais á filla da súa parella, menor de idade, en Baiona e impúxolle unha orde de afastamento.

Fontes próximas á investigación explicaron a Europa Press que se interpuxo unha denuncia por agresión sexual a unha menor contra este home. Por este motivo, este luns foi arrestado pola suposta comisión dun delito contra a liberdade sexual a menor de 16 anos, feitos que terían lugar de modo continuado.

Posteriormente, este home foi posto a disposición do Xulgado de Instrución número 8 de cidade olívica este martes. Tras tomarlle declaración, o xuíz decretou a súa posta en liberdade e impúxolle a prohibición de aproximarse á nena e de comunicarse con ela.

ÚLTIMAS

Zona Franca inclúe na ampliación do polígono de Balaídos un “pulmón verde” de máis de 70.000 metros cadrados

O Consorcio Zona Franca de Vigo avanza co proxecto de ampliación do parque empresarial...

Rede de Mulleres manifestarase o 25N en Vigo: “Estamos a sufrir un retroceso que non podemos permitir”

A Rede de Mulleres Veciñais contra os Malos Tratos de Vigo mobilizarase o vindeiro...

Stellantis Vigo inicia a produción en serie da nova versión das súas furgonetas compactas

Stellantis Vigo comezou a produción en serie da nova versión Smart Compact Van dos...

“Vigo ten unha oportunidade”: Louzán abre a porta ao Mundial de 2030 e anuncia unha visita a Balaídos

O presidente da Real Federación Española de Fútbol (RFEF), Rafael Louzán, destacou este xoves...