InicioSucesosA Garda Civil desmantela un novo cultivo con máis de 500 plantas...

A Garda Civil desmantela un novo cultivo con máis de 500 plantas de marihuana vixiado con cámaras no Porriño

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Garda Civil, en colaboración coa Policía Local, desmantelou unha plantación de marihuana con máis 500 exemplares no Porriño, informou este luns nun comunicado de prensa, no que indicou que o cultivo, ao aire libre, estaba vixiado con cámaras de vídeo con sensores de movemento.

Os axentes da Garda Civil comezaron a investigar e tiveron coñecemento da existencia desta plantación, que se atopaba nun terreo de uso público e estaba distribuída en 11 parcelas distintas próximas entre si.

As plantas de cannabis foron cortadas para ser destruídas coa axuda de Protección Civil e empregados municipais. A Garda Civil destaca a circunstancia “nova” de que o perímetro da plantación estaba protexido coas cámaras e que se instalou un sistema de rega automática que extraía a auga dun río próximo.

Ademais, as plantas atopábanse nun terreo catalogado como lugar de importancia comunitaria (LIC), dentro de plan Rede Natura 2000. Trátase da segunda plantación descuberta no Porriño nunha semana.

Os axentes entregaron as dilixencias instruídas, xunto coas plantas e os efectos intervidos, ao Xulgado de Instrución de garda do Porriño. A investigación segue aberta para identificar e localizar aos responsables da plantación, que se enfrontan a posibles responsabilidades penais por un delito contra a saúde pública.

ÚLTIMAS

Estoupa un artefacto explosivo na sede de UGT en Vigo

UGT-Galicia denunciou un ataque con un artefacto explosivo na sede que o sindicato ten...

Miles de persoas protestan en Vigo para defender a “democracia, a vivenda e a sanidade”

Miles de persoas manifestáronse este mércores polas rúas de Vigo, convocadas por UGT e...

A folga pecha o comercio en Vigo con piquetes activos en centros como o de Vialia

A folga xeral mantén pechada boa parte do comercio galego, que afronta esta xornada...

Amplo seguemento da folga na área de Vigo, segundo os sindicatos

Por zonas, a central nacionalista informa de que, en Vigo, na farmacéutica Cofano xa...