InicioSucesosFeridas dúas persoas nun atropelo en Bueu

Feridas dúas persoas nun atropelo en Bueu

PUBLICADO O

- Advertisement -

Dúas persoas resultaron feridas esta mañá de xoves tras ser atropeladas por un turismo na rúa Eduardo Vincenti, á altura do número 27, no termo municipal pontevedrés de Bueu.

Un particular avisou ás 8,30 horas ao 112 Galicia para dar conta dos feitos. De acordo co seu relato, dúas persoas necesitaban asistencia sanitaria despois de sufrir un atropelo. Pese as lesións sufridas a causa do impacto, ambos atopábanse liberados e accesibles.

Entre outros medios, foron mobilizados o 061, bombeiros do Morrazo e axentes da Policía Local de Bueu.

ÚLTIMAS

Vigo activa a prealerta por seca e restrinxe o uso da auga en baldeos, regos, fontes e duchas das praias

O Concello de Vigo activou a situación de prealerta por seca e adoptou medidas...

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...