InicioSucesosRescatada unha muller tras caer ao mar en Baiona mentres mariscaba

Rescatada unha muller tras caer ao mar en Baiona mentres mariscaba

A muller foi traslada en helicóptero ó Hospital Álvaro Cunqueiro.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O helicóptero de Gardacostas ‘Pesca 1’ rescatou a unha mariscadora que este luns caeu ao mar mentres traballaba en Baiona e que finalmente resultou trasladada ao Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo.

O suceso ocorreu arredor das 9,40 horas na zona do Hotel Rompeolas. Segundo informa a Europa Press o 112 Galicia, foi un particular quen chamou para solicitar axuda para a muller, que se caeu á auga nunha zona de rocas.

Seguidamente, a central de emerxencias activou un operativo de rescate que contou coa colaboración de Salvamento Marítimo e de Gardacostas de Galicia, dependente da Consellería do Mar, cuxo helicóptero ‘Pesca 1’ efectuou o traslado e a evacuación ata o Hospital Álvaro Cunqueiro.

Ademais, o 112 informou do ocorrido á Garda Civil, á Policía Local de Baiona, ao GES de Val Miñor e a Urxencias Sanitarias-061.

ÚLTIMAS

A praza baleira e a nosa débeda con Martínez Garrido

O outro día atopeime cunha imaxe tan chocante como reveladora: o busto do Rei...

O PP afea a Caballero que se acorde das familias “só en ano electoral” e pide recuperar as axudas para libros

O grupo municipal do PP en Vigo reclamou este martes ao goberno local que...

A falta de visibilidade en Peinador obriga a regresar a Madrid a un avión con destino Vigo

A falta de visibilidade obrigou a regresar a Madrid ao piloto do voo de...

‘Romaría’: Carla Simón viaxa á ría de Vigo para reconstruír o pasado dos seus pais

A cidade de Vigo acolle este martes a preestrea do filme 'Romaría' (a estrea...