InicioSucesosFerida unha persoa tras precipitarse unha furgoneta por un terraplén en Vigo

Ferida unha persoa tras precipitarse unha furgoneta por un terraplén en Vigo

PUBLICADO O

- Advertisement -

Unha persoa resultou ferida nun accidente rexistrado ao precipitarse a furgoneta na que circulaba por un terraplén e envorcar en Vigo a última hora da tarde deste domingo.

Segundo informou o 112 Galicia, sobre as 20,15 horas de ete domingo recibiu a chamada dunha persoa particular que avisou dunha furgoneta envorcada ao caer por un terraplén e asegurou que no seu interior había unha persoa que non podía saír.

Tras iso, por parte do 112 pasouse aviso ao servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e aos Bombeiros de Vigo. Así mesmo, informouse da situación á Garda Civil de Tráfico, á Policía Local e aos efectivos de Protección Civil. Unha vez no punto, os bombeiros confirmaron que foi necesario o uso do material de excarceración para liberar á persoa do interior do vehículo.

ÚLTIMAS

Vigo activa a prealerta por seca e restrinxe o uso da auga en baldeos, regos, fontes e duchas das praias

O Concello de Vigo activou a situación de prealerta por seca e adoptou medidas...

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...