Equipos de rescate liberaron esta tarde venres en Oia a un home que quedou atrapado no interior dun tanque de formigón duns catro metros de profundidade. Unha antiga cetaria situada nas Mariñas (Mougás).
Segundo informa o 112 Galicia, para sacar da plataforma ao home, que resultou ileso, os efectivos do GES de Val Miñor empregaron unha escaleira.
Os feitos tiveron lugar sobre as 17,45 horas nunha zona de monte próxima a Cabo Silleiro. Foron avisados, entre outros, bombeiros, Policía Local e Garda Civil.