InicioSucesosMorre un home de 88 anos mentres nadaba nunha praia de Bueu

Morre un home de 88 anos mentres nadaba nunha praia de Bueu

O home atopábase na auga coa súa esposa cando perdeu o coñecemento.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un veciño de Pontevedra de 88 anos faleceu este martes mentres nadaba na praia de Portomaior, no municipio de Bueu.

Segundo informa a Policía Local, o home atopábase na auga coa súa esposa cando perdeu o coñecemento. A muller e unha veciña sacárono do mar e, aínda que se realizou unha masaxe cardíaca, faleceu no punto. O home contaba con varios baipás e con doenzas de tipo cardiovascular.

O 112 Galicia apunta que pasados uns minutos das 14,30 horas recibiu unha chamada dun particular que pedía axuda por un home inconsciente na auga. Foron avisados tamén, entre outros, 061, Garda Civil, Protección Civil.

ÚLTIMAS

Mos decreta tres días de loito oficial polo crime machista de Sanguiñeda

O Concello de Mos decretou tres días de loito oficial polo crime da muller...

Investigan un novo asasinato machista dunha muller en Mos

A Garda Civil investiga como un posible caso de violencia de xénero a morte...

Un aparatoso accidente na VG-20 de Vigo sáldase, de milagre, sen feridos

Un aparatoso accidente ocorrido na tarde deste luns na autovía VG-20 de Vigo saldouse...

Abel Caballero celebra o éxito da campaña de Vigo en Fitur con case 1,7 millóns de visualizacións

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, celebrou este luns o impacto acadado pola campaña...