InicioSucesosAtopan a un condutor de Vigo en Vilar de Barrio drogado e...

Atopan a un condutor de Vigo en Vilar de Barrio drogado e incumprindo o confinamento

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Garda Civil de Tráfico de Verín l) localizou a un veciño de Vigo que circulaba por Vilar de Barrio (Ourense) que obtivo positivo no test de drogas nunha saída sen causa xustificada no marco do estado de alarma.

Segundo informou o Instituto Armado, cando os axentes realizaban o seu traballo en Vilar de Barrio, identificaron o condutor dun vehículo que circulaba pola localidade.

Preguntado o motivo do desprazamento o condutor non manifestou argumento que acreditase a súa presenza na localidade. Ademais, os axentes, mentres realizaban as comprobacións oportunas, puideron observar “signos evidentes relacionados co consumo de sustancias estupefacientes”, polo que lle realizaron o test de drogas no que obtivo positivo.

Por iso, os gardas procederon a realizar as denuncias por infracción contra a seguridade do tráfico e por saltarse o confinamento.

ÚLTIMAS

“Non pode ser que sufran un dano importante”: Caballero esixe compensacións xustas para aos afectados polo Ofimático

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, volveu expresar este xoves o seu apoio aos...

“Que asinen mañá”: Caballero desafía a Rueda e á Deputación polo Mundial de Vigo

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, insistiu este xoves en que nin a Xunta...

Media ducia de detidos e diversas drogas intervidas en só dúas semanas, en operativos contra o ‘menudeo’ en Vigo

A Policía Nacional da Comisaría de Vigo-Redondela detivo seis persoas en cinco operacións contra...

Morre Xosé Luís Méndez Ferrín, o escritor político que levaba a Vigo e Ourense no corazón

Primeiro Beiras e agora Ferrín. A cultura galega perde unha das súas figuras máis...