InicioSucesos(Vídeo) Miles de quilos de droga desembarcados en Vigo

(Vídeo) Miles de quilos de droga desembarcados en Vigo

Calcúlase que o seu valor é duns 140 millóns de euros.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O buque que transportaba 4.000 quilos de cocaína está xa en Vigo e a droga en mans da Policía que presentou a cantidade intervida este martes. O operativo levado a cabo este domingo pola unidade Greco Galicia da Policía Nacional e o Servizo de Vixilancia Aduaneira, coa abordaxe do buque mercante en alta mar, saldouse cun total de 27 persoas detidas.

Destas, doce foron apresados en terra firme, en Galicia, mentres que as outras 15 formaban a tripulación do barco, con bandeira de Togo.

A maior parte das detencións tiveron lugar en municipios da comarca pontevedresa do Salnés. As Forzas de Seguridade realizaron numerosos rexistros en Sanxenxo, O Grove, Vilanova de Arousa, Cambados e Vilagarcía de Arousa.

As mesmas fontes sitúan á fronte desta organización a J.C.S.N, de 40 anos e veciño de Vilanova, que conseguiu fuxir antes de que as forzas de seguridade procedesen á súa detención, e a B.V., tamén veciño de Vilanova que si puido ser detido. Ambos contan con numerosos antecedentes relacionados co tráfico de estupefacientes a gran escala.

140 MILLÓNS DE EUROS

A intervención deixou ao descuberto unha “estratexia” por parte das organizacións de narcotraficantes para “aproveitar” o estado de alarma e o confinamento e tratar de introducir droga en España e Europa.

Así o trasladou o comisario xeral da Policía Xudicial, Eloy Quirós, en declaracións aos medios no Porto de Vigo, onde chegou este martes o barco ‘Karar’ coa droga (valorada entre 130 e 140 millóns de euros, á espera das análises de pureza) e os seus 15 tripulantes detidos a bordo, un galego e 14 estranxeiros, de Bangladesh e Nepal.

“Se a estratexia dos grupos criminais, que parece que era así, era aproveitar esta situación (de confinamento) para introducir cocaína, falloulles totalmente. O control, a vixilancia e a investigación non se rebaixaron en ningún momento”, incidiu o comisario.

A ese respecto, lembrou que, no último mes e medio, as Forzas e Corpos de Seguridade do Estado incautáronse dunhas 10 toneladas de cocaína e detivo a máis de 60 persoas (unha das operacións desenvolveuse hai só un par de semanas na ría de Arousa, cuns 3.700 quilos de cocaína intervidos e 7 detidos).

Segundo explicou Eloy Quirós, esta actuación de Policía Nacional e Vixilancia Aduaneira, bautizada como Operación Donkey, é “moi importante” pola cantidade de droga intervida, pero tamén pola notoriedade da propia organización, a máis importante de ‘narcotransportistas’ que hai en Galicia, e comandada por ‘lancheiros’ xa “coñecidos” polas forzas de seguridade.

LANCHAS RÁPIDAS DE FABRICACIÓN PROPIA

Ademais, engadiu, este grupo criminal ten unha “peculiaridade”, e é que eles mesmos construían as planadoras, co fin de “abaratar custos” e eludir o control e vixilancia que as forzas policiais manteñen continuamente sobre este tipo de embarcacións.

Este operativo, no que se contou coa axuda da axencia antidroga norteamericana (DEA), das autoridades de Colombia (DIRAN) e da axencia británica contra o crime NCA, saldouse polo momento con 28 detencións, 15 a bordo do ‘Karar’ e outras 13 en terra, mentres que un dos xefes da organización, J.C.S.N., permanece fuxido.

Ademais das detencións (cuxo número non se descarta que aumente, dado que a investigación segue en marcha), realizáronse 21 entradas e rexistros, entre eles, en 5 naves “estratexicamente” localizadas en zonas costeiras. As forzas de seguridade interviñeron neses rexistros 5 planadoras ou lanchas rápidas que a organización supostamente prevía utilizar para saír ao encontro do barco ‘abastecedor’ e cargar a droga, así como automóbiles e outros efectos.

SAÍDA DE PANAMÁ E ABORDAXE

A investigación iniciouse hai 6 meses ao redor deste grupo de ‘narcotransportistas’, cando se detectou que os seus membros fixeran provisión de combustibles, víveres, e ultimaban a construción de lanchas e pequenas embarcacións de pesca. Tamén se comprobou que facían constantes movementos de lanchas rápidas, para ocultalas en naves ao longo da costa, o que alertou á Policía sobre unha inminente operación de alixo de droga.

Nese momento, centráronse os esforzos en tratar de localizar o buque ‘abastecedor’. Segundo relatou o xefe rexional de Aduanas da Axencia Tributaria en Galicia, Jaime Gayá, o buque ‘Karar’, con bandeira de conveniencia de Togo (antes estaba abandeirado en Estados Unidos, pero cambiou de propiedade e de armador recentemente), saíu de Panamá e cargou a droga na Guajira, na costa de Venezuela, antes de emprender unha travesía de 20 días de duración rumbo ás costas de Galicia.

Gayá explicou que o barco foi abordado á primeira hora da mañá do pasado 25 de abril, a unhas 400 millas de Vigo, por parte de efectivos dos GEO, de Vixilancia Aduaneira e coa cooperación do buque da Armada ‘Tornado’.

Os seus 15 tripulantes, que non ofreceron resistencia, foron detidos ao momento e, tras comparecer por vía telemática ante a maxistrada do xulgado de instrución número 3 de Vigo (que coordina a investigación, xunto á Fiscalía Antidroga), decretouse o seu ingreso en prisión. O resto de detidos tamén pasaron a disposición xudicial.

Gayá destacou, do mesmo xeito que o comisario Eloy Quirós, que a investigación sobre o barco completarase agora coa investigación patrimonial dos implicados. “Xa temos as contas bloqueadas, e anotadas as propiedades inmobiliarias no rexistro, para que non haxa un cambio de titularidade”, avanzou.

ÚLTIMAS

Un vehículo choca con outro e resulta envorcado en Vigo

O barrio vigués de Teis rexistrou na mañá deste venres un accidente de tráfico,...

Abel Caballero asegura que pedirá a Sánchez adiantar os prazos do AVE Vigo-Oporto, porque seguirá “defendendo a Vigo contra quen faga falta”

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, botou en cara ao xefe do Executivo central, Pedro...

Detidos os dous supostos autores dun roubo nunha empresa de enxeñaría de Teis, facéndose con material por valor de 21.000 euros

A Policía Nacional detivo en Vigo aos dous supostos autores dun roubo con forza nunha empresa...

Ciencia en galego, Youtubeiros científicos e os perigos das Fakenews no ciclo ‘Ciencia de ida e volta’

Coa celebración do Día da Ciencia en Galego e dos días mundiais da Vida Silvestre,...