InicioSucesosA Policía Local de Vigo identifica a cinco persoas que estaban "a...

A Policía Local de Vigo identifica a cinco persoas que estaban “a tomar viños”

Os feitos tiveron lugar pouco antes das 14,00 horas deste martes, cando unha patrulla do 092 que circulaba pola Avenida da Hispanidade detectou que un establecemento de hostalaría tiña a porta de acceso levemente entreabierta.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Policía Local de Vigo identificou á propietaria e a 4 clientes dun local que, a pesar da prohibición establecida no Real Decreto do estado de alarma, estaba aberto e estaban no seu interior “tomando uns viños”.

Segundo informou este corpo policial, os feitos tiveron lugar pouco antes das 14,00 horas deste martes, cando unha patrulla do 092 que circulaba pola Avenida da Hispanidade detectou que un establecemento de hostalaría tiña a porta de acceso levemente entreabierta.

Ao achegarse, os axentes escoitaron voces e descubriron que, no interior, atopábanse 4 clientes “tomando uns viños”, e que foron identificados, así como a propietaria do local. Todos foron advertidos das medidas a adoptar por vulnerar a prohición de estar aberto (xa que se trata dun negocio que non se considera esencial).

Por outra banda, a Policía Local de Vigo tamén informou da identificación doutras 12 persoas, que se atopaban paseando pola praia de Samil “sen motivo xustificado“. Os axentes do 092 tamén controlaron un total de 71 vehículos, no marco das accións destinadas a vixiar o cumprimento do Real Decreto do estado de alarma.

ÚLTIMAS

Vigo aproba a taxa turística: custará entre 0,80 e 2 euros por noite segundo o aloxamento

A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo aprobou este venres o proxecto...

En liberdade provisional os tres detidos na operación antidroga de Vigo

O tribunal de instancia de Vigo, sección de Instrución, praza 4, decretou a posta...

Vigo reforza o servizo de extinción de incendios coa incorporación de 30 novos bombeiros

A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo aprobou este venres o nomeamento...

Belén Rubio coloca o campus de Pontevedra no centro do seu proxecto para liderar a UVigo

A candidata á reitoría da Universidade de Vigo pola agrupación H2040, Belén Rubio, situou...