InicioSucesosFerida grave unha ciclista tras ser alcanzada por un turismo en Nigrán

Ferida grave unha ciclista tras ser alcanzada por un turismo en Nigrán

Ao lugar dirixíronse profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, así como axentes da Policía Local e da Garda Civil de Tráfico, ademais de efectivos do GES do Val Miñor.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Unha ciclista sufriu este luns lesións graves despois de ser alcanzada por un turismo en A Ramallosa (Nigrán). O impacto provocou que se cravase a maneta do freo na perna .

Segundo informou o 112 Galicia, o afectado foi evacuado de urxencia a un centro hospitalario para ser atendida polas feridas provocadas polo impacto dun vehículo, que lle deixou a maneta do freo cravada nunha perna.

Así o indicaron ao 112 Galicia membros dos GES de Val Miñor, que acudiron ao lugar do accidente debido á “difícil situación”, indican as mesmas fontes, na que se atopaba a ciclista. De feito, procederon a cortar o manillar da bicicleta para liberala e facilitar a asistencia aos servizos sanitarios de urxencia.

Este accidente rexistrouse pasadas as 11:00 horas despois de recibir diversas chamadas de persoas particulares, que presenciaron a situación e pedían atención médica urxente. Indicaron que o sinistro tivo lugar na rotonda da Ramallosa.

Ao lugar dirixíronse profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, así como axentes da Policía Local e da Garda Civil de Tráfico, ademais de efectivos do GES do Val Miñor.

ÚLTIMAS

A meteoroloxía obriga a desviar tres voos con destino Peinador

Tres voos que tiñan previsto aterrar no aeroporto de Peinador, en Vigo, foron desviados...

Caballero acusa á RFEF e ao PP de vetar a Vigo como sede do Mundial 2030

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, reiterou este martes as súas acusacións contra o...

Vigo convértese en epicentro da oncoloxía de precisión con máis de 40 expertos de toda España

A cidade de Vigo acollerá este mes o VIII Simposio Nacional de Oncoloxía de...

A CIG denuncia que o modelo de Muface prioriza o beneficio económico sobre o dereito á saúde

A CIG denunciou este luns que o modelo de mutualismo administrativo está deseñado para...