InicioSucesosUn menor ingresa en coma en Vigo tras mesturar alcol con medicamentos...

Un menor ingresa en coma en Vigo tras mesturar alcol con medicamentos atopados na rúa xunto aos seus amigos

Foi atopado tirado na avenida Florida con parada cardiorrespiratoria.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un menor ingresou en coma tras mesturar alcol con medicamentos atopados nunha rúa de Vigo, xunto aos seus amigos, once menores e outra persoa maior de idade que foron localizados posteriormente.

Segundo trasladaron fontes policiais, os feitos tiveron lugar este luns ao redor das 3,00 horas da madrugada, cando un responsable sanitario alertou de que un menor ingresara en coma pola inxesta de medicamentos atopados na vía pública.

Tras desprazarse á zona, os policías entrevistáron ao empregado da ambulancia, que detallou que atendera a un menor que atoporan tirado na avenida Florida e que presentaba unha parada cardiorrespiratoria. Ao parecer, a causa fora o consumo de opiáceos e antidepresivos e a vida do menor fora salvada por unha escasa marxe de tempo.

Os axentes sospeitaron que o mozo podía estar acompañado no momento no que consumiu as drogas, polo que solicitaron ao persoal sanitario falar con el. Aínda que os médicos autorizárono, explicaron que as súas respostas podían ser inconexas dado que se atopaba sedado.

INVESTIGACIÓN

Deste xeito, os funcionarios conseguiron descubrir o nome dalgúns amigos do menor e contactaron cun deles, que detallou que mesturaran varias pastillas con alcol durante varias horas.

Ante esta situación, estableceuse un dispositivo xunto ao servizo de urxencias co obxectivo de localizar aos demais menores, para o que utilizaron as redes sociais.

Ademais, outros axentes desprazáronse á praza Eugenio Fadrique, onde, segundo explicou un dos menores, atoparan os medicamentos xunto a un colector. Deste xeito, os policías interceptaron 140 caixas e trasladáronas ao hospital para que os médicos puidesen determinar que tratamento aplicar aos menores que consumiran o seu contido.

Posteriormente, localizouse a 11 menores de entre 14 e 17 anos e a outro maior de idade que consumiran os medicamentos, así como a dous mozos pertencentes ao mesmo grupo que non os inxeriron.

ÚLTIMAS

A Policía de Vigo mantén abertas todas as liñas de investigación polo incendio dun edificio en Cesáreo González

A Policía Nacional de Vigo investiga "con todas as liñas abertas" o incendio ocorrido...

Abel Caballero esixe desculpas a Alfonso Rueda polo atraso do AVE a Porto ata 2039

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cargou contra o presidente da Xunta, Alfonso Rueda,...

25 de Abril: Unha revolución permanente

O 25 de abril de 1974 foi unha revolución decisiva en Portugal, que acabou...

Tres persoas feridas, unha delas de gravidade, nun incendio nun edificio en Vigo

Tres persoas resultaron afectadas, unha delas de gravidade, tras un incendio nun edificio situado...