InicioSucesosInterceptado un submarino na ría de Aldán cargado de cocaína

Interceptado un submarino na ría de Aldán cargado de cocaína

A carga podería superar os 3.000 quilos. Hai dous detidos.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Dúas persoas foron detidas na ría de Aldán este domingo, no municipio pontevedrés de Cangas, ao ser sorprendidas dentro dun submarino que transportaba droga cara á costa galega. Un terceiro estaba fugado e a Garda Civil advertiu da necesidade de extremar as precaucións.

Os axentes da Garda Civil tiñan acotada a zona polo operativo de busca do fugado, facendo rexistros, pero tamén para evitar a entrada de curiosos,

O interceptación do submarino é o resultado dun operativo coordinado a nivel internacional no que se traballa con intensidade desde a pasada madrugada, explicou o delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, en declaracións á Radio Galega.

Os servizos da Garda Civil, a Policía Nacional e a Axencia Tributaria están a colaborar para tratar de reflotar o submarino, o cal, segundo os primeiros indicios, contén grandes cantidades de droga, que poderían superar os 3.000 quilos. Con todo, é posible que non consigan facelo este domingo por “insuficiencia de medios”, segundo confirmaron a Europa Press fontes da Policía Nacional.

A pesar de que ata a zona se trasladaron helicópteros dos Corpos e Forzas de Seguridade do Estado, así como outros dispositivos para o reflote, a maioría dos medios que se necesitan se atopaban ata o momento nos labores de desencallamento do buque ‘Blue Star’ en Ares (A Coruña).

Ata o momento, Losada explicou que ao tratarse dunha operación coordinada a nivel internacional, a carga que transporta o somerxible confirmarase unha vez se termine de reflotar o submarino e os axentes poidan entrar nel.

O subacuático ten 20 metros de eslora e este método de narcotráfico resulta moi novo para a introdución de droga na costa galega, engadiu o representante do Goberno en Galicia.

ÚLTIMAS

Abel Caballero esixe desculpas a Alfonso Rueda polo atraso do AVE a Porto ata 2039

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cargou contra o presidente da Xunta, Alfonso Rueda,...

25 de Abril: Unha revolución permanente

O 25 de abril de 1974 foi unha revolución decisiva en Portugal, que acabou...

Tres persoas feridas, unha delas de gravidade, nun incendio nun edificio en Vigo

Tres persoas resultaron afectadas, unha delas de gravidade, tras un incendio nun edificio situado...

Detidas tres mulleres dunha mesma familia en Vigo por explotar sexualmente a mulleres estranxeiras

Axentes da Policía Nacional detiveron en Vigo a tres mulleres da mesma familia como...