InicioSucesosInvestigan un veciño de Mos por tráfico de drogas ao ser sorprendido...

Investigan un veciño de Mos por tráfico de drogas ao ser sorprendido con cocaína nun bar

O acusado é un home de 42 anos que xa cometera anteriormente delitos e infraccións relacionadas co tráfico de drogas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Garda Civil investiga un veciño de Mos como presunto autor dun delito contra a saúde pública por tráfico de estupefacientes ao ser sorprendido no interior dun bar con nove envoltorios de cocaína e 125 euros en efectivo.

Os feitos transcorreron o pasado mércores nun dos controis que realiza a Unidade de Seguridade Cidadá de Comandancia (Usecic) para reforzar aqueles que realiza a Garda Civil. Con este operativo buscaban reducir a oferta de drogas aos mozos e tanto o consumo como a tenencia en locais e lugares públicos.

Nun dos establecementos de Mos nos que se realizou este control, os efectivos da Usecic decatáronse da “actitude nerviosa” que mostraba un cliente, segundo informa a Garda Civil. Unha vez no exterior procederon a revisar as súas pertenzas e foi detido.

O acusado é un home de 42 anos que xa cometera anteriormente delitos e infraccións relacionadas co tráfico de drogas. O veciño de Mos deberá comparecer cando sexa citado no xulgado de instrución de garda do Porriño.

ÚLTIMAS

Hosteleiro libanés de Vigo expulsa un grupo de turistas israelís por mal comportamento no seu restaurante

Un hosteleiro libanés que rexenta un restaurante en Vigo expulsou a un grupo de...

Vigo anuncia que inicia os trámites para unha ordenanza sobre vivendas de uso turístico

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o Concello iniciou a tramitación dunha...

OPINIÓN.- Unha cidade para quen a fixo grande

O Partido Popular de Vigo vén de propoñer que a antiga estación de autobuses...

Stellantis fai a última porposta para pagar a prima variable cun novo marco regulador

A dirección de Stellantis Vigo trasladou este xoves a sindicatos a súa última proposta...