InicioSucesosChoque entre dous vehículos na A-55 á altura de Mos cando querían...

Choque entre dous vehículos na A-55 á altura de Mos cando querían esquivar un can

Outro accidente rexistrado na mesma provincia saldouse con tres feridos en Pontevedra.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Tres persoas resultaron feridas nunha colisión entre dous turismos, despois de que un deles tentase esquivar a un can que irrompera na vía pola que circulaban. O suceso rexistrouse sobre as 16,15 horas, na A-55 á altura do termo municipal de Mos, en Pontevedra.

Un particular alertou do sinistro ao 112, que á súa vez informou a 061, Garda Civil de Tráfico, a Policía Local, Protección Civil da localidade, Bombeiros do Porriño e tamén ao persoal do servizo de mantemento da estrada.

Finalmente, o tres feridos foron evacuados polos efectivos sanitarios ata o Hospital Concheiro, segundo indican as mesmas fontes.

Outro accidente rexistrado na mesma provincia saldouse con tres feridos en Pontevedra. En concreto, foi un choque entre tres vehículos que circulaban este mediodía á altura do punto quilométrico 131 da AP-9, en Salcedo.

Varios particulares alertaron do sucedido o 112 Galicia, que deu aviso ao 061, Garda Civil de Tráfico, Policía Local e de Protección Civil da localidade. Do mesmo xeito, informou os Bombeiros de Pontevedra e ao persoal de Autoestradas.

ÚLTIMAS

Vertidos de augas fecais obrigan a Baiona a pechar dúas praias mentres seguen ondeando as súas bandeiras azuis

O Concello de Baiona anunciou hoxe a prohibición temporal do baño nas praias de...

Un home e unha muller morren nun accidente de tráfico no Porriño

Unha muller de 68 anos e un home de 62 anos...

O primeiro vehículo orbital español sairá de Nigrán: UARX Space lanza este outono Ossie rumbo ao espazo

A compañía UARX Space lanzará este outono Ossie, o primeiro vehículo de transferencia orbital...

O festivo da Reconquista pasará ao luns 29 de marzo por caer en domingo en 2027

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que este mes o goberno local aprobará...