InicioSucesosVídeos exclusivos dos efectos da explosión pirotécnica en Tui

Vídeos exclusivos dos efectos da explosión pirotécnica en Tui

PUBLICADO O

- Advertisement -

A explosión este mércores de material pirotécnico nunha vivenda en Paramos, concello de Tui, causou cando menos unha muller morta e 26 feridos —entre estes, sete menores—, ademais de numerosas desfeitas materiais.

Miguel Núñez conseguiu achegarse a tan só uns 200 metros da ‘zona cero’, onde puido comprobar os danos causados polo estoupido, que afectou a numerosas vivendas da zona e que mesmo se chegou a escoitar en todo o sur da provincia de Pontevedra.

Estas imaxes exclusivas gravadas polo reporteiro de Xornal de Vigo mostras os devastores efectos da explosión, debido á gran magnitude da onda expansiva, que mesmo chegou a ocasionar danos en locais en pleno centro de Tui, a varios quilómetros de onde se produciu o estoupido.

A explosión e a onda expansiva derrubou varias casas na zona, rompendo cristais, derrubando tellados e causando lumes. “É como Chernobyl, non hai nada, non queda nada”, dixo unha testemuña presencial da contorna”, onde os danos se contan por centos.

ÚLTIMAS

PP e BNG emendan a ordenanza das Zonas de Baixas Emisións de Vigo: uns piden atrasar multas e outros devolver o texto

Os grupos municipais da oposición no Concello de Vigo presentaron as súas emendas ao...

Tres detidos por abandonar a un home ferido nunha cuneta en Moaña

A Policía Nacional detivo nas últimas horas a tres persoas supostamente relacionadas coa aparición...

Un SMS falso acaba nunha estafa de 140.000 euros. Así é a estafa intervida pola Garda Civil no Porriño

O Equipo de Investigación Tecnolóxica da Unidade Orgánica de Policía Xudicial da Comandancia da...

O persoal do lixo de Vigo convoca folga indefinida a partir do 24 de maio

O comité de persoal de FCC (CIG, CC.OO. e USO), concesionaria do servizo de...