InicioSucesosDescobren morto un home de 44 anos en situación de senfogarismo

Descobren morto un home de 44 anos en situación de senfogarismo

O Concello de Vigo explicou nun comunicado que o falecemento "responde a causas naturais" e que "esta persoa estivo a ser atendida en todo momento polos servizos sociais municipais".

PUBLICADO O

- Advertisement -

O corpo dun home de 44 anos foi achado este domingo sen vida na Praza do Rei de Vigo, un lugar onde  está articulado un campamento onde pasan a noite persoas que se atopan en situación de senfogarismo.

En concreto, foi un dos seus compañeiros o que atopou ao home esta mañá no momento no que foi espertalo e descubriu que falecera, segundo explicaron fontes do propio campamento urbano de Praza do Rei a Europa Press.

Pola súa banda, o Concello de Vigo explicou nun comunicado que o falecemento “responde a causas naturais” e que “esta persoa estivo a ser atendida en todo momento polos servizos sociais municipais”.

Ademais, o consistorio vigués precisou que “se lle ofreceu pasar a noite no Centro Integral de Inclusión e Emerxencia Social (CIIES) e que o falecido desestimouno “”. De feito, “esta noite houbo catro vacantes para homes e outro catro para mulleres no albergue de Teis da Fundación Santa Cruz”.

Tamén “puxérono en contacto con Médicos do Mundo para alugar unha habitación en virtude do convenio que o Concello ten asinado con esta institución“, conclúe o comunicado.

Con todo, fontes do campamento han contrariado a versión do Concello e, a pesar de que “queren aclarar o asunto” coa administración local, explicaron que o falecido “levaba meses” pasando a noite nesa praza e “non é que non quixese ir ao albergue, é que fai tres meses” que as persoas que reciben unha prestación ten “prohibido a entrada”.

ÚLTIMAS

Carmen García Mateo abre a campaña ao Reitorado da UVigo reivindicando “seriedade” fronte á improvisación

A candidata a reitora da Universidade de Vigo (UVigo), Carmen García Mateo, abriu este...

Unha investigación iniciada en Vigo destapa unha rede que enganaba migrantes con falsas ofertas de emprego

Unha investigación da Policía Nacional iniciada en Vigo permitiu desmantelar unha rede dedicada a...

O Concello reforza servizos para facilitar a regularización

O Concello de Vigo reforzou o servizo de atención ao público para "atender ao...

O Concello activará un dispositivo permanente para situacións de violencia de xénero

O Concello de Vigo activará o 1 de maio un novo dispositivo de acollemento...