InicioSucesosCae unha avioneta ao mar na Guarda sen causar feridos

Cae unha avioneta ao mar na Guarda sen causar feridos

Unha avioneta caeu ao auga esta tarde de martes nas proximidades da praia da Lamiña, na Guarda, sen que se teña constancia de feridos, segundo informa o 112 Galicia.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Unha avioneta caeu ao mar esta tarde de martes nas proximidades da praia da Lamiña, na Guarda, sen que se teña constancia de feridos, segundo informa o 112 Galicia.

A aeronave foi remolcada por unha embarcación ao municipio portugués de Caminha despois de caer na desembocadura do río Miño entre Camposancos e Caminha.

Foi unha persoa particular quen se puxo en contacto co 112 Galicia para dar conta dos feitos ás 16,50 horas. Foron avisados, entre outros, Policía Local da Guarda, Garda Civil, Salvamento Marítimo e Gardacostas de Galicia.

ÚLTIMAS

O alcalde de Vigo: “Sánchez fará o que mellor lle conveña a España”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, manifestou que o presidente do Goberno, Pedro Sánchez,...

Tensión tras as ameazas dun home armado cun machete en Vigo

Un home armado cun machete xerou momentos de tensión en Vigo tras un incidente...

A Policía Local localiza en Salceda un veciño do Porriño desaparecido desde o xoves

A Policía Local de Salceda de Caselas localizou na tarde deste venres a Vicente...

Conxemar reúne en Vigo expertos internacionais para abordar os retos da pesca antes da apertura da feira

Vigo converterase desde este luns nun dos puntos de encontro internacionais do sector pesqueiro...