InicioSucesosArquivada a investigación sobre un parto en casa porque o bebé faleceu...

Arquivada a investigación sobre un parto en casa porque o bebé faleceu antes de nacer

A muller quería ter un parto "de nádegas" e non por cesárea.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O xulgado de instrución número 4 de Vigo arquivou a investigación sobre o falecemento dun bebé durante un parto que levou a cabo nunha casa o 10 de decembro de 2018.

O maxistrado decretou un sobresemento provisional para arquivar a causa que se abriu contra a muller embarazada que pariu en casa e deu a luz a un bebé sen vida, unha afirmación que “os resultados das probas” confirmaron ao indicar que “a morte se produciu de forma previa á expulsión do feto“, segundo manifesta o auto.

Por este motivo, o xuíz subliñou que os feitos acaecidos só poderían integrar un delito de aborto imprudente”, un cargo que a exime de calquera responsabilidade penal. A resolución tamén destaca que a muller tiña “coñecemento” da situación do seu embarazo, xa que nunha das revisións advertírana de que se trataba dun parto podálico, é dicir, o bebé estaba colocado coas pernas cara abaixo en lugar da cabeza.

“O risco consecuente” da posición na que se atopaba o feto “requirían de asistencia hospitalaria”, polo que, resulta “moralmente reprobable” a actuación da nai “por máis que o Código Penal considere que non merece reproche penal algún”, apunta o instrutor.

A MULLER ACUDIU ÁS REVISIÓNS

Neste sentido, o maxistrado asegurou que “resulta rechamante” que durante todo o proceso de xestación a embarazada asistiu con regularidade ás revisións xinecolóxicas do Hospital Álvaro Cunqueiro ata a semana 36, que foi cando se lle comunicou “que o feto ofrecía unha presentación podálica”, un caso no que se practica a cesárea.

Foi nese momento cando a muller decidiu deixar de acudir aos servizos de xinecoloxía, a buscar información en internet e a preguntar á matrona “como podía ter un parto de nádegas” sen que se lle practicase unha cesárea, porque “estaba en contra”, relatou a nai.

Con todo, negou a presenza dunha doula ou axuda semellante no momento do parto, xa que en caso contrario o xuíz sinalou que poderían imputarse cargos a esa persoa por “imprudencia profesional”.

ÚLTIMAS

A Xunta mobiliza buques, drones e empresas de limpeza tras unha gran mancha de graxa de palma no Porto de Vigo

A Xunta de Galicia activou á primeira hora da tarde o Plan Territorial de...

Novas mobilizacións en centros de Vigo: “a educación é un dereito e non máis recortes”

Membros da comunidade escolar do CEIP A Paz Tintureira de Vigo concentráronse este xoves...

Seguen as críticas cruzadas para que Balaídos sexa sede no Mundial de fútbol de 2030

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, reclamou este xoves á Xunta e á Deputación...

Caballero ironiza sobre as vivendas da Xunta en Vigo: “Fan máis visitas que pisos constrúen”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, ironizou este xoves sobre a nova visita da...