InicioSucesosDetida unha parella que fuxíu tras roubar a recadación dun local de...

Detida unha parella que fuxíu tras roubar a recadación dun local de Vigo

Segundo recolleu a Policía Nacional nun comunicado, os feitos tiveron lugar este mércores de madrugada, cando un particular alertou de que unha parella comezara a manipular a fechadura dun establecemento da rúa Barcelona.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Unha muller de 49 anos de nacionalidade húngara e un home de 40 con nacionalidade española residentes en Vigo foron detidos nesta cidade tras ser interceptados mentres fuxían despois de subtraer a recadación dun establecemento.

Segundo recolleu a Policía Nacional nun comunicado, os feitos tiveron lugar este mércores de madrugada, cando un particular alertou de que unha parella comezara a manipular a fechadura dun establecemento da rúa Barcelona.

Tras desprazarse á zona, os axentes localizaron a unha parella que coincidía coa descrición achegada dirixíndose dun modo apresurado cara a Praza de España. Ademais, cando estaba na confluencia entre as rúas Ramón Valle Inclán e Zaragoza, a muller tentou esconder un obxecto de gran tamaño no seu bolso, mentres o home tapaba a súa man esquerda.

Nese momento, os policías interceptáronos e procederon a identificalos. Tamén comprobaron que o home presentaba varios cortes na man e requisaron unha gran cantidade de billetes e moedas do interior do bolso da muller. Mentres, outros policías observaron restos de sangue nos cristais da porta e o chan do establecemento onde fora vista a parella.

Posteriormente, os funcionarios descubriron que, minutos antes, o home forzara o enreixado metálico do local para fracturar o cristal exterior e entrar dentro mentres a muller vixiaba a zona. A continuación, o home abandonara o establecemento e entregoulle á súa compañeira o diñeiro subtraído, tras o que ambos abandonaran a zona.

Finalmente, a parella foi detida por un por un delito de roubo con forza nas cousas e foi trasladada a dependencias policiais para tomarlle declaración. Deste xeito, comprobouse que ambos contaban con 18 antecedentes, dos que varios se debían a feitos similares. Así mesmo, todo o actuado e estas persoas foron trasladados ao Xulgado de Instrución en funcións de garda de Vigo.

ÚLTIMAS

Mos decreta tres días de loito oficial polo crime machista de Sanguiñeda

O Concello de Mos decretou tres días de loito oficial polo crime da muller...

Investigan un novo asasinato machista dunha muller en Mos

A Garda Civil investiga como un posible caso de violencia de xénero a morte...

Un aparatoso accidente na VG-20 de Vigo sáldase, de milagre, sen feridos

Un aparatoso accidente ocorrido na tarde deste luns na autovía VG-20 de Vigo saldouse...

Abel Caballero celebra o éxito da campaña de Vigo en Fitur con case 1,7 millóns de visualizacións

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, celebrou este luns o impacto acadado pola campaña...