InicioSucesosDetidos dous integrantes dunha asociación cannábica por presunto tráfico de drogas

Detidos dous integrantes dunha asociación cannábica por presunto tráfico de drogas

As investigacións iniciáronse hai un mes cando a Garda Civil, segundo informa, recibiu queixas por parte de varios veciños dunha localidade da comarca do Baixo Miño onde se situaba outra asociación cannábica relacionada coa de Vigo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Garda Civil detivo en Vigo ao responsable e ao empregado dunha asociación cannábica da cidade como presuntos autores dun delito contra a saúde pública por tráfico de drogas.

Entre o material incautado os axentes interviñeron preto de dous quilos de marihuana, 250 gramos de haxix, 39 botes de vapear marihuana, varias básculas de precisión e unha envasadora ao baleiro.

As investigacións iniciáronse hai un mes cando a Garda Civil, segundo informa, recibiu queixas por parte de varios veciños dunha localidade da comarca do Baixo Miño onde se situaba outra asociación cannábica relacionada coa de Vigo.

Posteriormente, os axentes puideron constatar que a través dos dous locais vendíase marihuana e haxix a través das redes sociais e así interceptaron a consumidores despois de comprar estupefacientes.

A investigación concluíu coa detención do presunto responsable dos dous locais, un veciño de Oia de 46 anos, que no momento do arresto levaba no seu vehículo 800 gramos de marihuana envasada ao baleiro, así como preto de 1.500 euros en billetes pequenos.

Así mesmo, foi detido un veciño de 33 anos de idade que estaba a atender a asociación de Vigo. Ambos foron postos en liberdade coa obrigación de comparecer cando sexan citados no Xulgado de Instrución onde se entregaron as dilixencias.

ÚLTIMAS

‘Eterno 10’: así se chama a escultura de Iago Aspas que se instalará xunto ao estadio de Balaídos

Hai futbolistas que transcenden os resultados dun partido, os títulos e as estatísticas para...

A Seguridade Social responsabiliza Stellantis por unha doenza profesional en Vigo e impón un recargo do 30 % nas prestacións

A saúde laboral volve situarse no centro do debate sobre as condicións de traballo...

Caballero di agora que “pide que o Goberno de España pague” parte das obras necesarias para ser sede do Mundial

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, dixo este mércores que el "pide que o...

“Non permitiremos un réxime do medo”, sindicatos e movementos sociais condenan o ataque á sede de UGT de Vigo

Sindicatos, movementos sociais e partidos políticos de esquerda volveron condenar este mércores o ataque...