InicioSucesosCatro días de buscas frustradas do triatleta portugués desaparecido no río Miño

Catro días de buscas frustradas do triatleta portugués desaparecido no río Miño

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os labores de busca do mozo portugués de 23 anos, que desapareceu o pasado domingo durante unha proba de tríatlon en augas do río Miño, retomáronse na mañá deste mércores. Son xa catro días sen que as intensas batidas a ambas beiras do Miño desen resultado.

A Armada Española, a través da Comandancia Naval do Miño e a Marinha Portuguesa mediante a Capitanía de Porto de Caminha, lideran o dispositivo de procura e están coordinado os medios da zona.

A alerta pola desaparición deste deportista, ao que se lle perdeu a pista durante a proba que se desenvolvía na parroquia de Goián (en Tomiño), activouse na tarde do domingo, cando se puxo en marcha o protocolo de cooperación transfronteiriza ARIEM 112.

A Comandancia Naval do Miño destacou que na xornada do martes empregáronse nunha ampla zona equipos de detención subacuática e realizáronse inmersións nun período de catro horas, mentres a corrente o permitiu. Ademais, investigáronse ata 15 obxectos mergullados que foron descartados.

ÚLTIMAS

Vigo presenta o seu Entroido 2026 coa orquestra París de Noia e o desfile de comparsas

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, avanzou este luns a programación municipal para as...

Detido o cuarto integrante do grupo que asaltou e golpeou a un nonaxenario en Coruxo

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo-Redondela detiveron a un home, cuarto integrante...

A Audiencia desestima o recurso dos comuneiros de Cabral pola propiedade dunha vivenda

A sección sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, desestimou un...

O PSOE de Vigo rexeita debater o cesamento da concelleira de Seguridade pola causa do ‘Saltamontes’

O PSOE de Vigo rexeitou este luns debater no pleno municipal dúas mocións de...