InicioSucesosPasa a disposición xudicial este luns o home que presuntamente matou o...

Pasa a disposición xudicial este luns o home que presuntamente matou o seu irmán cunha aixada en Salceda

PUBLICADO O

- Advertisement -

O home que presuntamente matou o seu irmán ao golpealo cunha aixada no municipio pontevedrés de Salceda de Caselas pasará este luns a disposición xudicial, segundo informaron fontes da Garda Civil a Europa Press.

Así, prevese que este luns o presunto fratricida pase a disposición do Xulgado do Porriño ás 10,00 horas. Os feitos ocorreron sobre as 20,30 horas do pasado venres nunha leira da familia. O agresor, de 49 anos, chamou á Garda Civil para informar os feitos ocorridos tras unha discusión.

Á chegada dos axentes, a vítima, de 51 anos, aínda estaba con vida. Aínda que foi trasladado en ambulancia faleceu no hospital debido á gravidade das feridas. O agresor atópase detido á espera de pasar a disposición xudicial.

ÚLTIMAS

Industria empraza a 40 afectados polas expropiacións para a ampliación do PTL de Valadares a ser notificados en persoa

O Diario Oficial de Galica (DOG) publica este mércores un anuncio da Dirección Xeral...

Detida tras atropelar ao seu marido coa súa moto na avenida da Florida e darse á fuga

Unha muller, C.R.P.C. de Venezuela e 43 anos de idade, foi detida o pasado...

Detida en Serafín Avendaño tras saltarse unha orde de afastamento sobre a súa nai de 77 anos, trasladada ao hospital

Unha muller, R.K.A.Q. de Vigo e 44 anos de idade, foi detida na tarde...