InicioSucesosDetida en Cangas unha moza de 21 anos cando viaxaba con máis...

Detida en Cangas unha moza de 21 anos cando viaxaba con máis de 40 gramos de haxix

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Garda Civil detivo na localidade pontevedresa de Cangas a unha moza de 21 anos acusada dun delito contra a saúde pública por tráfico de estupefacientes ao viaxar con máis de 40 gramos de haxix nun turismo.

A detención produciuse na mañá do pasado venres durante o transcurso dun punto de verificación selectiva de vehículos que estaba a realizar a patrulla de Seguridade Cidadá da Compañía da Garda Civil de Pontevedra na rotonda de Aldán, á altura dos quilómetros 2,9 da estrada VG-4.6.

A moza, de 21 anos e veciña de Cangas, viaxaba de acompañante nun dos vehículos que se interceptou no control e levaba unha riñonera no chan, á altura dos seus pés, que contiña catro landras de haxix e un anaco compacto no interior dun envase de plástico, que tiñan un peso total de 42,90 gramos.

“Existindo, ademais, indicios racionais que predeterminaban a venda como o posible destino da droga, procedeuse á detención desta moza como presunta autora dun delito contra a saúde pública por tráfico de estupefacientes”, subliñou a Benemérita nun comunicado.

Unha vez instruídas as correspondentes dilixencias, a moza quedou en liberdade coa obrigación de comparecer no Xulgado de Instrución de garda de Cangas, onde se fixo entrega da droga e os demais efectos intervidos.

ÚLTIMAS

Centos de persoas saen á rúa en Vigo contra a crise da vivenda: “Nin unha Maricarmen máis”

Centos de persoas concentráronse este luns na Porta do Sol de Vigo, convocadas pola...

Vigo suspende por sorpresa a licitación do bus urbano, o maior contrato da súa historia

O Concello de Vigo publicou este luns na Plataforma de Contratación do Estado o...

A Xunta acorda a expropiación de case 15 hectáreas de monte comunal en Mos para a cidade deportiva do Celta

O Diario Oficial de Galicia (DOG) recolle este luns a resolución da Consellería de...

A UVigo supera o 100 % de ocupación nos graos e suma 3.883 novas matrículas

A Universidade de Vigo (UVigo) alcanzou unha taxa de ocupación do 103 % na...