InicioSucesosDetido en Vigo un mozo de 29 anos por agredir á súa...

Detido en Vigo un mozo de 29 anos por agredir á súa parella, que non o quixo denunciar “por medo”

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un veciño da cidade, E.P., de 29 anos de idade, como presunto autor dun delito de violencia de xénero, por agredir á súa parella, unha moza de 22 anos.

Segundo informaron fontes policiais, os feitos producíronse na tarde deste xoves, nun domicilio da zona de Torrecedeira, onde se desprazou unha dotación do 092 tras recibir un aviso por un posible episodio de violencia de xénero. Cando os axentes chegaron ao edificio e estaban a subir as escaleiras, topáronse cun mozo que trataba de fuxir do lugar e interceptárono.

Mentres uns funcionarios retiñan ao sospeitoso, outros se entrevistaron coa vítima, que recoñeceu que o seu mozo colleuna polos brazos e tirouna ao chan no transcurso dunha discusión. A rapaza asegurou que era a primeira vez que pasaba algo así e que non quería denuncialo “por medo”. De feito, os policías solicitaron unha ambulancia pero a moza declinou ser atendida.

No entanto, á vista do relato da muller, os axentes procederon á detención da súa parella como presunto autor dun delito de violencia de xénero.

ÚLTIMAS

Estoupa un artefacto explosivo na sede de UGT en Vigo

UGT-Galicia denunciou un ataque con un artefacto explosivo na sede que o sindicato ten...

Miles de persoas protestan en Vigo para defender a “democracia, a vivenda e a sanidade”

Miles de persoas manifestáronse este mércores polas rúas de Vigo, convocadas por UGT e...

A folga pecha o comercio en Vigo con piquetes activos en centros como o de Vialia

A folga xeral mantén pechada boa parte do comercio galego, que afronta esta xornada...

Amplo seguemento da folga na área de Vigo, segundo os sindicatos

Por zonas, a central nacionalista informa de que, en Vigo, na farmacéutica Cofano xa...