InicioSucesosA avaría dun vehículo en Crecente obriga a Adif a reducir a...

A avaría dun vehículo en Crecente obriga a Adif a reducir a velocidade de varios trens na zona

O turismo quedou parado nunha zona moi próxima á vía férrea e motivou que o persoal de Adif decidise reducir a velocidade dos trens ao seu paso polo lugar de Begonte (Crecente).

PUBLICADO O

- Advertisement -

 Sobre as 5,30 horas deste domingo, unha muller alertou de que, por un erro do GPS, atopábase no medio do monte, nunha pista de terra moi próxima á vía do tren e inaccesible para os vehículos.

A muller xa contactara co persoal do servizo de emerxencias do seu concesionario e indicábanlle que o guindastre non podía acceder ao lugar onde se atopaban. Ningunha das ocupantes necesitaba asistencia sanitaria.

Despois pasar o aviso á Garda Civil e grazas ao envío da localización a través dunha aplicación móbil, os axentes puideron localizar ás mulleres pero o coche non o podían mover posto que, quedara sen embrague moi próximo á vía do tren.

Tras varias horas nas que os trens circularon pola zona a velocidade recudida, o persoal de Adif comunicou na mañá deste domingo ao 112 que a circulación férrea xa se restableceu con normalidade, após comprobar que non existe risco para os trens.

Ademais da Garda Civil, desde o CIAE tamén se solicitou a colaboración dos Bombeiros de Ponteareas que, nestes momentos, tratan de resolver a retirada do turismo da maneira máis sinxela posible.

ÚLTIMAS

A Policía de Vigo mantén abertas todas as liñas de investigación polo incendio dun edificio en Cesáreo González

A Policía Nacional de Vigo investiga "con todas as liñas abertas" o incendio ocorrido...

Abel Caballero esixe desculpas a Alfonso Rueda polo atraso do AVE a Porto ata 2039

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cargou contra o presidente da Xunta, Alfonso Rueda,...

25 de Abril: Unha revolución permanente

O 25 de abril de 1974 foi unha revolución decisiva en Portugal, que acabou...

Tres persoas feridas, unha delas de gravidade, nun incendio nun edificio en Vigo

Tres persoas resultaron afectadas, unha delas de gravidade, tras un incendio nun edificio situado...