InicioSucesos70 traballadores desaloxados en Vigo tras unha fuga de ácido nun taller

70 traballadores desaloxados en Vigo tras unha fuga de ácido nun taller

Os feitos tiveron lugar o pasado venres.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Unha fuga de ácido dunha batería, nun taller da zona da Avenida de Madrid en Vigo, obrigou a desaloxar a varias decenas de traballadores, aínda que se saldou sen feridos e sen maiores consecuencias.

Segundo informou a Policía Local, os feitos ocorreron na mañá do pasado venres, cando se produciu a explosión dunha batería nun taller dunha empresa. Dita deflagración provocou unha fuga de ácido sulfúrico e, tras alertar ao servizo de bombeiros, a Policía desaloxou, por precaución, aos traballadores desas instalacións e doutras empresas próximas (unhas 70 persoas).

Os bombeiros realizaron unha medición de gases e constataron que non había perigo para as persoas por inhalación de gases tóxicos, polo que os empregados desaloxados puideron regresar, ao cabo dunha hora, aos seus postos de traballo, e sen que ningún necesitase asistencia médica.

ÚLTIMAS

Concentración en homenaxe a Maricarmen e contra a “especulación” que “forzou a súa morte” en Vigo

A Alianza pola Vivenda de Vigo, plataforma integrada por varios colectivos sociais, convocou para...

A Xunta outorga ao Concello de Vigo unha concesión de ocupación para a recuperación ambiental da praia de Ou Vao

A Xunta outorgou ao Concello de Vigo unha concesión para ocupar 20.978,11 metros cadrados...

Piden case 7 anos de cárcere para unha muller acusada de encerrar e maltratar o fillo adolescente da súa parella en Vigo

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra acollerá o mércores unha vista preliminar...

O BNG de Vigo propón subir ata un 150 % o IBI para grandes propietarios con vivendas baleiras

O BNG de Vigo propoñerá duplicar o recargo do imposto sobre bens inmobles (IBI)...