InicioVigo e contornaMosOperación contra o tráfico de tabaco en Mos

Operación contra o tráfico de tabaco en Mos

Foron intervidos máis de 1.600 paquetes de tabaco sen documentación.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Garda Civil incautouse no municipio de Mos (Pontevedra) dunha partida de tabaco que circulaba sen documentación de acompañamento, polo que infrinxía a normativa que regula a circulación e transporte que vén determinada na vixente Lei de Impostos Especiais.

Así o informou o Instituto Armado, que relatou que a actuación se produciu por mor dunha inspección rutineira que realizaron o pasado mércores efectivos da Patrulla Fiscal e Fronteiras da Comandancia da Garda Civil de Pontevedra nun establecemento de restauración no termo municipal de Mos.

“A finalidade da inspección era comprobar o cumprimento da normativa sanitaria e fiscal da mercadoría que estaba disposta para o consumo e venda no establecemento”, destacaron as mesmas fontes.

Ao finalizar as comprobacións, a Patrulla Fiscal procedeu ao recoñecemento da mercadoría que transportaba unha furgoneta que estaba estacionada no aparcadoiro do establecemento, que “lles infundira sospeitas”, aseguraron as mesmas fontes, e comprobaron que transportaba 1.687 paquetes de tabaco de venda legal, pero sen ningún tipo de documentación fiscal.

REPOR MÁQUINA

Segundo puido acreditar a condutora e propietaria do vehículo, o tabaco procedía dun estanco autorizado ao seu nome no mesmo municipio e levábao para repor a máquina expendedora do establecemento de restauración, sen a preceptiva documentación de acompañamento.

Como consecuencia, os efectivos de Patrulla Fiscal e Fronteiras procederon á incautación do tabaco que, xunto coa denuncia efectuada, entregouse na Dependencia de Aduanas e Impostos Especiais de Pontevedra, que será o órgano encargado de incoar o correspondente expediente sancionador.

ÚLTIMAS

A Xunta mobiliza buques, drones e empresas de limpeza tras unha gran mancha de graxa de palma no Porto de Vigo

A Xunta de Galicia activou á primeira hora da tarde o Plan Territorial de...

Novas mobilizacións en centros de Vigo: “a educación é un dereito e non máis recortes”

Membros da comunidade escolar do CEIP A Paz Tintureira de Vigo concentráronse este xoves...

Seguen as críticas cruzadas para que Balaídos sexa sede no Mundial de fútbol de 2030

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, reclamou este xoves á Xunta e á Deputación...

Caballero ironiza sobre as vivendas da Xunta en Vigo: “Fan máis visitas que pisos constrúen”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, ironizou este xoves sobre a nova visita da...